Cervo, 24 de abril, 2026. A Garda Civil detivo un mozo de 20 anos, veciño de San Cibrao (Cervo), como presunto autor de diversos delitos cometidos na localidade.
A detención produciuse ás 10:30 horas do pasado mércores. Ao investigado atribúeselle un delito de roubo con forza nunha escola infantil, tres delitos de roubo con forza no interior de vehículos (dous deles en grao de tentativa), un delito de furto nun turismo, un delito de lesións e un delito continuado de danos en mobiliario urbano, estes últimos valorados nuns 3.600 euros, incluíndo a queima dun colector.
Feitos investigados desde comezos de mes
Os feitos remóntanse ao inicio do mes, cando en San Cibrao comezaron a rexistrarse varios actos delituosos e vandálicos. Entre eles destaca o roubo con forza nunha escola infantil, onde, tras forzar a porta de acceso, o presunto autor subtraeu un ordenador portátil e causou danos valorados en arredor de 1.400 euros.
Nos días seguintes producíronse incidentes similares en vehículos estacionados en distintas rúas da localidade. Mediante a manipulación dos bombíns das portas ou aproveitando que algúns coches estaban abertos, ocasionáronse danos e, nalgúns casos, subtraéronse obxectos do interior.
Unha agresión e numerosos danos no mobiliario urbano
O pasado día 16 tivo lugar un delito de lesións no interior dun edificio do casco urbano de San Cibrao, onde o detido agrediu un home de máis de 60 anos, causándolle lesións de consideración na cara e nun brazo. A intervención dun veciño foi determinante para reter ao agresor ata a chegada dos axentes.
Paralelamente, investigáronse numerosos danos en mobiliario urbano: retirada e derrubo de sinais de tráfico, deterioro de bancos públicos, pintadas en instalacións deportivas e a queima dun colector, que provocou un incendio que requiriu a intervención dos bombeiros e da Garda Civil debido ao risco para vivendas próximas.
Identificación do sospeitoso e alarma social
A investigación permitiu establecer un denominador común en todos os feitos, situando ao detido como principal sospeitoso grazas ás descricións achegadas por vítimas e testemuñas. En varios casos foi sorprendido no lugar dos feitos ou nas súas inmediacións.
O mozo conta con numerosos antecedentes por feitos similares en distintas localidades da Mariña Lucense, no occidente asturiano e noutras zonas do territorio estatal.
San Cibrao é unha localidade caracterizada por ser un entorno tranquilo e seguro, polo que estes feitos xeraron unha notable alarma social entre a veciñanza, que trasladou a súa preocupación ás autoridades.
As dilixencias foron remitidas á autoridade xudicial.
A Garda Civil lembra a importancia da colaboración cidadá na prevención e esclarecemento de feitos delituosos e agradece a implicación dos veciños neste caso.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



