Trabada, 27 de abril, 2026. O Concello de Trabada volve ofrecer este ano o servizo de axuda para a presentación da declaración da renda, tras a boa acollida das edicións anteriores.
Grazas a este programa, calquera veciño ou veciña poderá realizar este trámite de maneira totalmente gratuíta nas propias dependencias municipais mediante un sistema de videoasistencia, evitando así desprazamentos fóra do concello e o custo que este servizo supón.
O prazo para solicitar cita previa abrirase o vindeiro mércores 29 de abril, mentres que a atención para presentar a declaración da renda se prestará entre o 6 de maio e o 30 de xuño.
As persoas interesadas poderán solicitar cita previa preferentemente no propio Concello de Trabada, onde tamén recibirán asesoramento. Ademais, tamén se poderá pedir a través de internet, na sede electrónica da Axencia Tributaria, ou por teléfono nos números 91 553 00 71 e 901 22 33 44.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos impulsando iniciativas que faciliten a vida da nosa veciñanza, especialmente das persoas maiores, aínda que este servizo está dirixido a toda a poboación”. Neste sentido, subliñou que “é fundamental ofrecer alternativas para que os veciños e veciñas poidan realizar trámites como a declaración da renda sen custos e sen necesidade de desprazarse fóra do municipio”.
Desde o Concello lembran a importancia de solicitar cita previa con antelación para garantir unha atención axeitada.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



