Lugo, 30 de abril, 2026. A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) da USC, no campus de Lugo, acolleu o pasado 21 de abril a xornada de presentación de SILVO+, un proxecto innovador que busca integrar a prevención activa de incendios forestais coa valorización económica do sector gandeiro. A iniciativa aposta pola aplicación de tecnoloxías dixitais avanzadas para construír un modelo de xestión forestal sostible, capaz de protexer o medio natural e reforzar a resiliencia do rural galego. Entre as persoas participantes estivo a ribadense Lara Neira, representante da empresa NIGAL Nova Industria Galega.
Tecnoloxía ao servizo do monte
A apertura institucional contou coa participación da dirección da EPSE, do Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo e da Axencia Galega de Innovación (GAIN), que subliñaron a importancia de impulsar proxectos que transformen o coñecemento científico en ferramentas útiles para o territorio.
O consorcio que lidera SILVO+ —Tenzas Xestión Forestal, Ence-Enerxía e Celulosa e NIGAL, en colaboración co grupo de investigación PROePLA da USC— explicou os catro eixos estratéxicos do proxecto:
-Desenvolvemento de modelos integrais de silvopastoreo, compatibilizando produción de madeira e carne de alta calidade
-Monitorización dixital da biomasa mediante sensores e algoritmos
-Certificación de servizos ecosistémicos para acceder a mercados que valoran o impacto ambiental positivo
-Automatización de tarefas para mellorar o impacto social e a eficiencia das explotacións
O profesor e investigador Manuel Marey destacou o carácter disruptivo da proposta, que incorpora intelixencia artificial e cercas virtuais para delimitar áreas de pastoreo sen barreiras físicas, optimizando o movemento do gando en tempo real e reducindo o risco de incendios.
Tras as intervencións, o público asistiu a unha visita guiada polas instalacións da EPSE para coñecer os sistemas tecnolóxicos empregados, rematando cunha sesión de networking orientada a fortalecer sinerxías entre os sectores forestal e gandeiro.
Un futuro sostible para o rural galego
Nun contexto marcado pola crise climática, SILVO+ preséntase como unha ferramenta clave para transformar o monte nun activo produtivo e protexido. O pastoreo controlado permite reducir a carga de combustible vexetal, diminuíndo o risco de incendios e garantindo ao mesmo tempo a viabilidade económica das explotacións.
Os resultados desta fase piloto servirán de base para replicar o modelo noutras rexións europeas con desafíos semellantes. Nos próximos meses iniciaranse as probas de campo que avaliarán a eficacia destas “barreiras vivas” contra o lume, marcando un paso decisivo cara a unha nova xeración de silvicultura intelixente.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



