A subdelegada puxo en valor “a implicación dos concellos, porque son fundamentais para que as políticas públicas do Goberno teñan un impacto real sobre a cidadanía
Lugo, 6 de maio de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, realizou esta mañá a apertura dunha xornada formativa centrada na aplicación dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, unha iniciativa dirixida aos concellos da provincia e organizada pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller.
A sesión, desenvolvida por videoconferencia, desenvolveuse co fin de ofrecer orientación práctica sobre o destino destes recursos, resolver cuestións técnicas e mellorar o coñecemento dos procedementos de xestión e xustificación.
Durante a súa intervención, Olimpia López puxo o foco no papel das administracións locais, subliñando que “son a primeira porta á que moitas veces acoden as vítimas e, por iso, resulta fundamental que conten con ferramentas claras e eficaces para actuar”. Así, lembrou que o Ministerio de Igualdade leva transferidos aos concellos de Lugo 1.748.790,72 euros desde o ano 2018.
A subdelegada incidiu tamén na necesidade de seguir avanzando nunha resposta coordinada entre institucións, sinalando que “a loita contra a violencia machista require unidade, planificación e un uso responsable dos recursos públicos”.
Ao longo da xornada abordáronse os prazos asociados aos fondos correspondentes ao exercicio 2025, cun período de execución comprendido entre o 1 de xullo de 2025 e o 30 de xuño de 2026. A fase de xustificación desenvolverase entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2026.
Entre as accións que poden financiarse inclúense o fortalecemento dos servizos municipais de atención, a posta en marcha de iniciativas de sensibilización, programas de apoio ás mulleres vítimas, formación especializada, elaboración de protocolos e campañas de prevención, así como actuacións vinculadas aos Puntos Violeta.
Olimpia López lembrou que esta liña de formación está a impulsarse en todo o territorio estatal a través do Ministerio de Igualdade, co obxectivo de garantir unha aplicación coherente e eficaz dos fondos. Neste sentido, apuntou que “é fundamental que cada actuación financiada teña un impacto directo na prevención e na protección das vítimas”.
A subdelegada concluíu facendo un chamamento a manter o esforzo conxunto para que “cada avance que damos desde o ámbito institucional se traduza en máis prevención para construír unha sociedade libre de violencias machistas”.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



