Inma López Silva e Francisco Castro ofrecerán unha proposta musical e literaria para público adulto centrada nas voces femininas da tradición literaria galega
Burela,11 de maio de 2026. O Auditorio da Casa da Cultura de Burela acollerá este venres, 15 de maio, ás 21.00 horas, Repunantas. As punkis da literatura galega: de María Balteira a Begoña Caamaño, no marco da programación do Día das Letras Galegas 2026, con entrada de balde ata completar capacidade.
A proposta trátase dun espectáculo de narración oral e música no que dous escritores ben recoñecidos do sistema literario galego, Inma López Silva e Francisco Castro, unen as súas forzas para ofrecer unha función na que palabra, música e humor se mesturan nunha proposta escénica viva e participativa.
A través dunha escolla coidada de textos e cancións interpretadas en directo, o espectáculo propón unha viaxe pola historia das grandes autoras da literatura galega, desde a época medieval ata a actualidade.
O percorrido arrinca con figuras como María Balteira e chega ata a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas deste ano, Begoña Caamaño.
A proposta céntrase en amosar como a lingua galega e a súa literatura sobreviviron e se transformaron grazas ás “repunantas”: mulleres que, lonxe de aceptar un papel secundario, decidiron escribir, crear e intervir no mundo desde a palabra. Mulleres rebeldes, inconformistas e pioneiras que converteron o galego na súa ferramenta de expresión e na súa forma de resistencia.
Con humor, música en directo, interacción co público e unha selección de textos que dialogan entre si ao longo dos séculos, Repunantas preséntase como un exercicio escénico lúdico e crítico ao tempo. O espectáculo non só pon en valor a forza da literatura galega, senón que o fai desde unha ollada feminista, desmitificadora e claramente “punkie”.
Dirixido a público adulto, Repunantas é unha celebración da palabra, da memoria e da rebeldía feminina na cultura galega, e unha reivindicación da vixencia e potencia da nosa lingua.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



