Ribadeo, 14 de maio de 2026. O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ribadeo pon en marcha por segundo ano consecutivo a campaña Completa a bandeira do Orgullo, unha iniciativa creada para visibilizar, sensibilizar e celebrar a diversidade arredor do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se conmemora o 28 de xuño, aínda que en Ribadeo a celebración terá lugar o vindeiro 21 de xuño.
Desde o CIM explican que “desde o 15 de maio ata o propio 21 de xuño, veciñanza e visitantes poderán participar nesta divertida proposta colaborativa co comercio e a hostalaría locais. O funcionamento é moi sinxelo: haberá que completar unha tarxeta conseguindo seis selos de seis establecementos colaboradores diferentes —non se admitirán selos repetidos— para poder entrar no sorteo final”.
E contan que “durante estes días repartiranse tarxetas polas rúas entre os transeúntes e, ademais, todas aquelas persoas que queiran participar poderán recoller gratuitamente a súa tarxeta no CIM. Os establecementos participantes aparecen recollidos nas redes sociais para facilitar que a xente poida completar a súa bandeira do orgullo. Desde o CIM queremos agradecer especialmente a colaboración de Acisa , que participa na difusión desta campaña e contribúe a implicar ao tecido comercial e hostaleiro da vila nesta iniciativa de sensibilización e apoio á diversidade”.
Os premios son un brunch para dúas persoas en DeLira e un lote de produtos da zona do Ferrado Marelo. Ademais, agradecemos a negocios colaboradores como Bora Bora, Galán, Pan de Limón, 2Barbers, Aware Cakes e Ribeirao, que achegaron sorpresas para repartir no sorteo e facer aínda máis especial esta celebración. “Se algún establecemento máis colabora neste sentido farémolo saber”, engaden desde o Centro de Información á Muller.
O sorteo celebrarase o propio 21 de xuño durante a festa do Orgullo organizada no parque de San Francisco, nun ambiente festivo e aberto a toda a cidadanía, “no que contaremos coa actuación de Eris Mackenzie e cunha divertida festa Holi chea de cor”.
Desde o CIM do Concello de Ribadeo animan “a toda a veciñanza a participar, apoiar o comercio local e sumarse a unha campaña que busca construír unha vila máis diversa, respectuosa e orgullosa da súa pluralidade”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



