Trabada, 18 de maio de 2026. A Xunta renova o seu apoio á Asociación de Veciños San Xulián de Sante, de Trabada, na organización do II Descenso de Carrilanas, que se celebrará na parroquia o sábado 30 de maio. O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento xunto a membros da entidade organizadora, entre eles o seu presidente, Miguel Linares.
A proba discorrerá por un itinerario de 2.150 metros, con saída desde o barrio do Castro e chegada ao barrio da Igrexa. O trazado destaca pola súa rapidez e dificultade técnica, con fortes pendentes e tres tipos de asfalto distintos ao longo do percorrido. Como particularidade, inclúe un punto radar nun dos tramos de maior desnivel, no que o ano pasado o vehículo máis rápido acadou os 93 quilómetros por hora.
O descenso será puntuable para a Copa Galicia e, como novidade desta edición, tamén para a Copa de España. O encontro iniciarase ás 11,30 horas coas verificacións técnicas dos vehículos e ás 16,30 horas dará comezo a baixada das carrilanas. Os organizadores prevén reunir arredor de 70 participantes.
Recibirán premios os tres primeiros da clasificación xeral, así como os tres mellores en cada unha das dez categorías establecidas segundo as características dos vehículos. Tamén haberá recoñecementos especiais para a carrilana máis espectacular e para a máis rápida no punto radar.
A xornada incluirá ademais unha comida popular con paella no pavillón polideportivo, aberta a todas as persoas interesadas. O prezo xeral é de 22 euros, de 20 euros para socios e participantes no descenso, e gratuíto para menores de seis anos.
As inscricións para as distintas actividades permanecen abertas ata o 27 de maio e poden formalizarse no Teleclub de Sante ou a través do teléfono 636 024 263.
Arias puxo en valor o traballo da asociación veciñal de Sante para consolidar unha cita “que combina deporte, convivencia e dinamización do rural”, e destacou “a capacidade deste tipo de iniciativas para atraer visitantes, xerar actividade económica e contribuír á promoción turística do territorio”.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



