Cervo, 18 de maio, 2026. O Concello de Cervo felicita ás asociacións organizadoras polo magnífico traballo realizado na celebración do III Festival Espallando Letras no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, convertendo esta cita nun auténtico encontro arredor da lingua, da cultura e das tradicións galegas.
O Concello expresa o seu agradecemento á Asociación de Veciños de San Román, á Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras Rúa e á Asociación Airiños do Xunco por facer posible este gran Día das Letras Galegas cunha programación chea de cultura, música, artesanía e convivencia.
Tamén se recoñece o labor dos grupos e participantes que encheron Sargadelos de talento e alegría: A Rebolaxe, Milicrocas, SCR Ledicia e Os Chiribicos.
As actividades desenvolvidas —Cabaliño de Pau para a cativada, a degustación de Marmeladas A Morena, as visitas ao obradoiro de forxa artística de Telmo Cao e os talleres de cestiñas de flores secas de Hai Larán— tiveron unha excelente acollida entre o público asistente, que puido gozar e descubrir diversas propostas creativas, artesanais e culturais para todas as idades.
O Concello de Cervo apoiou e colaborou na organización deste festival, co obxectivo de achegar este tipo de iniciativas á veciñanza e de dar visibilidade ao traballo que se impulsa desde o Centro de Emprendemento de Sargadelos, un espazo cheo de talento, innovación e tradición.
O Concello agradece a todas as persoas asistentes e colaboradoras por facer posible unha xornada tan especial para celebrar as Letras Galegas en Sargadelos.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



