Cervo, 18 de maio, 2026. O Concello de Cervo acollerá, do 20 de maio ao 2 de xuño, a exposición “Os Maragatos da Porta de San Pedro”, unha mostra organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, coa colaboración do Concello, que poderá visitarse na Sala Cultural Xosé Vizoso, situada no edificio das Carboeiras, no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos.
A inauguración oficial terá lugar o mércores 20 de maio ás 12:00 horas, nun acto aberto ao público no que se presentará esta proposta expositiva que afonda nas raíces maragatas da familia Pérez-Carro e na súa vinculación histórica coa cidade de Lugo ao longo de máis de 145 anos.
A mostra está composta por doce paneis redactados en galego e castelán, nos que se realiza un percorrido pola traxectoria da familia Pérez-Carro desde a súa chegada a Lugo arredor de 1880 procedente de Santa Colomba de Somoza. A exposición pon en valor o legado comercial, social e empresarial dunha saga familiar fondamente ligada á Porta de San Pedro e á vida económica lucense.
Os visitantes poderán coñecer tamén o contexto histórico no que a familia se asentou extramuros da cidade, así como a evolución das distintas xeracións, con presenza en ámbitos profesionais como a medicina, o dereito, a administración pública ou a empresa familiar.
Con esta iniciativa, o Concello de Cervo suma ao Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos unha proposta cultural que conecta Galicia e León a través da memoria, o emprendemento e a conservación do patrimonio familiar e social.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



