As bases desta convocatoria veñen de publicarse no Boletín Oficial da Provincia do martes, 19 de maio, e as persoas ou entidades interesadas en participar poden presentar as súas candidaturas ata o 20 de xuño
Lugo, 20 de maio de 2026. A Deputación de Lugo vén de abrir o prazo para presentar candidaturas á sétima edición dos Premios que recoñecen a Excelencia do Turismo e da Gastronomía da provincia de Lugo impulsados pola institución provincial. O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este martes, 19 de maio, as bases e a información da convocatoria deste ano que busca recoñecer dun xeito honorífico o labor de persoas; entidades públicas e privadas; así como actividades e proxectos que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento turístico, á innovación, á sustentabilidade e á posta en valor da gastronomía lucense.
O prazo para participar estará aberto ata o 20 de xuño e as candidaturas deberán presentarse de forma telemática a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo. Poderán optar aos premios persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, tanto a título individual como colectivo, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional. Os galardóns, promovidos polo Consello Provincial de Turismo, inclúen as seguintes categorías:
– Premio Lugo Cambia ao Turismo Lucense, que recoñece iniciativas que promovan de maneira destacada o turismo na provincia.
– Premio Turismo Sostible, dirixido a proxectos exemplares por fomentar un modelo turístico respectuoso co medio ambiente e a identidade local.
– Premio …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense, centrado na posta en valor da calidade e singularidade da oferta gastronómica da provincia.
O xurado estará composto por membros do Consello Provincial de Turismo e analizarán a aportación do traballou ou iniciativa ao desenvolvemento turístico da provincia segundo á modalidade á que se presenta; a singularidade da proposta; e a súa capacidade para impulsar a imaxe e a proxección da provincia como destino turístico e gastronómico. Nesta edición tamén se poderán conceder ata tres premios nas categorías de Turismo Lucense e Gastronomía Lucense; un único recoñecemento na de Turismo Sostible; e un accésit en cada modalidade.
A entrega dos premios terá lugar a finais de setembro, nun acto público que reunirá representantes institucionais, premiados e profesionais dos sectores implicados. Os galardóns consistirán nun diploma acreditativo e unha peza de artesanía tradicional da provincia de Lugo. As bases completas da convocatoria están xa dispoñibles no BOP do 19 de maio de 2026 e poden consultarse na páxina web da Deputación de Lugo.



















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



