Outeiro de Rei, 20 de maio de 2026. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe nos actos de entrega en réxime de alugamento de catro vivendas de promoción pública nos municipios de Outeiro de Rei e Xermade. En concreto, no primeiro concello entregáronse dous pisos de tres dormitorios e un de dous e, no segundo, un piso de tres habitacións. Todos eles contan con garaxe e rocho.
Arias lembrou que a Xunta vén de elevar os límites de ingresos requiridos para poder optar ás vivendas de promoción pública, co obxectivo de ampliar o círculo de posibles beneficiarios. A medida, que xa está en vigor, fixa como tope xeral percibir 4 veces o Iprem, que para familias numerosas ascende a 4,5 e en casos especiais pode chegar a 5,5 veces o Iprem. Ademais, resérvanse vivendas para menores de 36 anos, ou persoas que teñan entre 36 e 45 anos e fillos a cargo.
Neste sentido, o delegado instou a todas as persoas interesadas a inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite gratuíto e sinxelo, que se pode facer online, e é indispensable para poder acceder a estas adxudicacións.
















As persoas interesadas en rexistrar documentos para esta ou para calquera outra administración poderán dirixirse á Delegación de Pesca, situada na avenida Gerardo Harguindey Banet, en Celeiro, ou utilizar calquera outro rexistro administrativo habilitado, así como a sede electrónica. A biblioteca municipal permanecerá aberta no seu horario habitual.
Trátase de Bibliodiscoteca, unha proposta de divulgación da música galega a cargo de María Faltri, que adapta os contidos ao público asistente para visibilizar a rica escena musical dirixida a bebés, nenas e nenos, adolescentes e persoas adultas. A artista convidará a descubrir o fondo musical dispoñible na propia biblioteca e animará a pequenas e maiores a bailar e gozar xuntas. A actividade terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e a entrada será libre.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
O alumnado vén de rematar uns fermosos reloxos personalizados, elaborados con dedicación, creatividade e moita ilusión. Unha nova manualidade feita coas súas propias mans que volve poñer en valor o talento e o entusiasmo que se respira nestes talleres. A actividade desenvólvese cada venres na Casa do Mar de San Cibrao, en colaboración con Saúde Mental A Mariña. A concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, participa habitualmente nas sesións, onde comproba de primeira man o bo ambiente de convivencia, aprendizaxe e benestar que caracteriza este espazo. Un lugar de creatividade e participación que continúa medrando día a día.
As actividades desenvólvense durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acollen os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.



