Ribadeo, 25 de maio de 2026. O responsable de UCIN Galicia, José Luis Calo, e o coordinador provincial de Lugo, Alfonso Hortas, denunciaron hoxe publicamente a preocupante falta de medios sanitarios e de resposta ante emerxencias na contorna da Praia das Catedrais, un dos enclaves turísticos máis visitados de Galicia.
Ambos representantes atopábanse esta domingo na cafetería situada xunto ao areal, apenas un día despois da presentación oficial da nova coordinación de UCIN Ribadeo, cando foron testemuñas directas dunha situación que cualifican de “grave e inaceptable”.
Segundo relatan, unha visitante de nacionalidade inglesa sufriu unha indisposición na zona de acceso á praia. O seu marido contactou de inmediato co 112, pero a asistencia sanitaria tardou arredor de 20 minutos en chegar, e fíxoo ademais nunha ambulancia non medicalizada.
A situación puido ser atendida inicialmente grazas á intervención dunha moza médica que se atopaba casualmente no lugar e que asistiu á afectada con medios moi limitados. Porén, a preocupación aumentou cando a ambulancia tivo que desprazarse posteriormente ata Ribadeo para recoller un médico, o que provocou unha nova espera de máis de media hora, mentres a muller permanecía tendida no chan e sendo atendida en condicións claramente insuficientes.
Tras interesarse polo ocorrido, responsables de UCIN recolleron tamén o testemuño de traballadores da zona, que alertaron da escaseza habitual de medios sanitarios na Praia das Catedrais, especialmente en días de grande afluencia turística.
Entre os feitos trasladados figura un episodio recente no que unha muller sufriu unha fractura grave nunha perna en pleno areal, tendo que ser evacuada a ombros por un particular ante a inexistencia dunha camilla operativa na zona.
Desde UCIN Lugo consideran que esta situación “non pode seguir producíndose nun dos espazos naturais máis visitados de España”, lembrando que en días como o de hoxe o enclave supera amplamente as 2.000 persoas visitantes.
Por este motivo, a formación municipalista reclama con urxencia:
A presenza permanente dunha ambulancia medicalizada durante a tempada alta e períodos de máxima afluencia.
O reforzo inmediato dos medios de emerxencias e atención sanitaria na contorna da praia.
A activación de protocolos específicos de actuación rápida e coordinada ante emerxencias médicas.
A dotación de equipamento básico de evacuación e primeiros auxilios.
“Estamos a falar de seguridade, saúde e capacidade de resposta nun lugar que recibe miles de visitantes cada día. Non se pode depender da casualidade ou da boa vontade de particulares para atender unha emerxencia”, sinalaron desde UCIN Lugo.
A formación insiste en que as administracións competentes deben actuar con responsabilidade e previsión para evitar que unha futura emerxencia poida ter consecuencias irreparables.





















Celebrouse no marco das festas de Vilamar, en Barreiros.
Trátase dunha mostra apoiada pola Xunta que pon en valor o patrimonio histórico, artístico e xacobeo do templo. Comisariada polo historiador Daniel Manuel Vázquez Vila, a exposición reúne oito paneis de carácter didáctico que repasan a historia do santuario, as súas pinturas medievais, góticas e marianas e a súa relación cos Camiños do Norte. O acto enmarcouse no inicio das festas, que concluíu coa lectura do pregón a cargo de Carmen Rodríguez Cancelo.
Faino despois de que esta semana aparecese vandalizada a lápida de Paulo Lopes nun acto que a entidade cualificou de racista e xenófobo. O colectivo expresou o seu apoio á familia e reclamou que se esclareza a orixe da agresión. A concentración terá lugar o luns 25 de maio, ás 20:00 horas, na praza do Concello de Burela, baixo o lema de apoio a Antonina Semedo e contra o racismo.
Durante a visita, destacou a importancia do evento para impulsar a comercialización do produto artesán galego, achegar os oficios á sociedade e reforzar a marca Artesanía de Galicia como sinónimo de calidade e traballo feito á man. Nesta edición participaron 20 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, especializados en marroquinería, cantería, xoiería, cerámica, forxa, bordado ao aire, cestería, xoguetes, tecido, debuxo, vidro, elaboración de roupa, bixutería, sombreirería e complementos de moda.
Os premiados e recoñecidos queixos de Gandería Quintián foron os protagonistas. Os asistentes puideron ver a elaboración de diferentes receitas, que despois tiveron a oportunidade de degustar. A Gastropraza está organizada polo Concello de Ribadeo, a asociación de Cociñeiros Lugo, a Xunta de Galicia e Acisa.
O acto contou coa presenza do alcalde, Carlos López López, e de representantes institucionais de ABANCA e Afundación. A mostra, que poderá visitarse na Casa da Cultura ata o 3 de xullo en horario de 14.00 a 20.00 h, forma parte do proxecto «Corrente cultural», co que Afundación impulsa a difusión artística por toda Galicia. A exposición reúne corenta fotografías procedentes dos arquivos da Axencia EFE que retratan a emigración española e galega ao longo do século pasado, ofrecendo unha mirada humana e documental sobre a historia de millóns de persoas que tiveron que abandonar o seu país para sobrevivir.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.



