Viveiro, 27 de maio, 2026. O xoves 28 de maio, ás 19:00 h, no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, celebrarase un encontro con Arantza Portabales arredor da súa nova novela Asasinato no muíño do cura.
No acto participará tamén David Cortizo, en representación da Editorial Galaxia.
Organiza: Libraría África Copias.
Arantza Portabales é unha das voces imprescindibles da novela negra actual: unha autora de referencia, cunha traxectoria sólida e miles de lectoras e lectores fieis.
Regresa agora cun dos lanzamentos máis agardados do ano: Asasinato no muíño do Cura, a nova entrega da serie “Os crimes de Loeiro”, iniciada con Asasinato na casa rosa.
Nesta ocasión volvemos a Loeiro para afondar nun suceso tráxico ocorrido en 1984: unha matanza no muíño do Cura que proxecta a súa sombra ata o presente. Alba Mariño chega á vila na procura dun pasado que lle foi arrebatado e do que apenas conserva unha marca indeleble.
Santaclara e Araujo, coa inestimable colaboración de Sinda —a Gestapo—, axudarán a Alba a desentrañar o sanguento misterio que envolve a súa historia familiar. No camiño toparán coas sinistras irmás Freijomil, netas do cura, e coa vella lenda da morte da pequena Berta, un crime nunca resolto.
O pacto de silencio que envolve a vila irá rachando pouco a pouco ata desembocar nun final trepidante que fai tremer os cimentos de Loeiro.
Sobre a autora
Arantza Portabales (San Sebastián, 1973) iniciou a súa traxectoria literaria en 2015 co libro de microrrelatos A Celeste la compré en un rastrillo. Ese mesmo ano publicou a súa primeira obra en galego, Sobrevivindo (Galaxia), coa que obtivo o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.
A súa segunda novela, Deixe a súa mensaxe despois do sinal (Galaxia, 2017), foi traducida a varias linguas, adaptada ao teatro e recoñecida co Premio Novela Europea do Casino de Santiago.
En 2019 publicou Beleza vermella, un dos títulos máis lidos da novela policial galega, ao que seguiron A vida secreta de Úrsula Bas (2021) e O home que matou a Antía Morgade (2023).
En 2024 iniciou a serie “Os crimes de Loeiro” con Asasinato na casa rosa, protagonizada por Santaclara & Araújo.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



