Ribadeo. 27 de maio de 2026. A Xunta licita a redacción do proxecto para a construción de 300 vivendas en Ribadeo. O orzamento é de 250.00 euros e publícase no día de hoxe.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “dentro do Plan Vive en Ribadeo a Xunta licita a redacción do Proxecto de Interese Autonómico para desenvolver solo destinado a construír 300 vivendas. O proxecto vai permitir urbanizar o denominado Sud-R2, é dicir unha superficie aproximadamente de 7,6 hectáreas. O contrato licítase por preto de 250 mil euros e publicase no día de hoxe”.
O rexedor subliñou que “a redacción do proxecto o que permite é a expropiación, a reparcelación, é dicir o desenvolvemento de solo residencial en Ribadeo destinado a 300 vivendas, das que o 80% van ser públicas. O importe do proxecto son 250.000 euros. Os adxudicatarios disporán dun prazo de tres meses para a presentación do borrador do PIA, o documento necesario para iniciar a tramitación ambiental dentro da estratexia do Plan Vive en Ribadeo. A redacción do PIA é o inicio do procedemento para urbanizar este solo con destino a vivenda protexida e evidentemente dentro dun espazo que ten 7,6 hectáreas, un espazo moi importante, clave para o crecemento da vila. Evidentemente está nunha entrada estratéxica, nun solo que non tiña grandes obxectivos e dentro do Concello apostamos por facer crecer Ribadeo de forma ordenada e tamén regulada, é dicir non facer bloques en todos os sitios, senón levar tamén unha liña na altura”.
Vega indicou que “estamos traballando coa Xunta de Galicia, de forma moi cómoda, evidentemente tamén co obxectivo de dar unha resposta a un problema, que é un problema claro que ten hoxe non soamente Galicia, senón tamén o conxunto do mapa español, e Ribadeo deu unha resposta. Non só os Concellos nos debemos quedar na visualización do problema, senón dar unha resposta a unha problemática. Por iso presentábamos na Xunta de Galicia unha proposta clara de vivenda, unha proposta clara de facer crecer tamén o noso pobo. Estamos a falar de trescentas vivendas, podemos estar crecendo como pobo en 1.200 habitantes, polo tanto é traballar tamén cara o futuro. E tamén non encapsular o pobo de Ribadeo, senón facerlle crecer de forma ben xestionada e ordenada”. E engadiu: “onde vai estar situada esta zona denominada Sud-R2, que ten un obxectivo de desenvolver unha zona residencial? Esta superficie estará situada na Avenida Ría de Ribadeo, a que comunica con a Nacional 642, limita tamén coa pista Reverte-Vilar, situada no oeste da vila. Claramente temos o obxectivo de crecemento, de dar unha resposta na contorna, temos 102 persoas que demandan hoxe vivenda. E isto evidentemente fai que Ribadeo teña un claro avance nesta materia, en vivenda protexida e tamén un claro avance de crecer como estratexia de pobo”.
O alcalde declarou: “alegrámonos moito de que sigamos dando pasos en firme e dando pasos nunha colaboración entre Xunta e Concello, Concello e Xunta, e dentro deste plan que presentou o Concello Plan Vive en Ribadeo. Somos practicamente o único Concello de 10.000 habitantes en Galicia que presentou un proxecto de construír 300 vivendas para seguir captando novos veciños e para dar unha resposta clara a ese problema que hoxe temos en España, o problema da vivenda. Repito non hai que visualizar o problema, pero tampouco hai que poñerse de perfil, hai que dar unha resposta clara e alta como deu Ribadeo”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



