Burela, 4 de xuño, 2026. Unhas catrocentas persoas participaron este mércores na convocatoria realizada por SOS Sanidade Pública en todo o país para denunciar as vergonzosas listas de agarda que están a sufrir as persoas enfermas ou aquelas que precisan dun diagnóstico.
Na Mariña, o problema é especialmente grave. Ás esperas de dous, tres e ata catro anos para unha consulta, unha proba ou unha intervención, súmanse as masivas derivacións a centros privados de Lugo —a máis de cen quilómetros— e, ultimamente, tamén a clínicas privadas de Ferrol, por estradas que cualifican de “decimonónicas”.
Segundo denuncia a plataforma, estas listas de espera —das que responsabilizan á Consellería de Sanidade e ao Goberno galego— provocan sufrimento, medo e incerteza nas persoas afectadas e responden a “unha estratexia perfectamente planificada para avanzar na privatización sanitaria”.
A coordinadora do colectivo, Montse Porteiro, explica que “o máis terrible e que dá unha idea das verdadeiras listas de espera é o feito de que todas coñecemos a alguén, ou o sufrimos na propia pel ou na nosa familia, no que a espera agravou un proceso, fixo progresar un cancro a fases avanzadas ou houbo perda de vidas. E non podemos tolerar máis”.
Desde SOS Sanidade Pública esixen solucións inmediatas: “a nosa saúde non pode agardar máis”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


