O mércores, 3 de xuño, houbo, na miña opinión, un importante Pleno no Concello de Viveiro, onde se debateu unha moción do BNG sobre a Vía de Alta Capacidade (VAC).
Nese debate quedou claro, meridianamente claro, que as promesas dos últimos 25 anos eran mentiras, nin autovía, nin VAC, nin variante, só unha estrada convencional de baixas prestacións. Pero quedaron máis cousas claras, os dous partidos que apoiaron a moción de censura xa defenden abertamente que esta é a única solución pois, segundo as propias palabras dun dos seus concelleiros, “a Xunta descarta xa a VAC”, seguindo esa lóxica de feitos consumados, toca asumir con naturalidade que Viveiro vai ter un trato moi inferior a calquera outro Concello, cunha poboación semellante, en todo o Cantábrico; ¡¡ vaia defensa fai o grupo de goberno dos intereses de Viveiro !!, deixo para as persoas lectoras a conclusión das consecuencias socioeconómicas que esta discriminación provoca.
Aínda máis, nun acto de puro cinismo, eses dous grupos da moción, que xa actúan como un só grupo (sen ningunha diferencia, e non só neste tema), bótanlle a culpa ao goberno bipartito da Xunta, que durou 4 anos, e foi o único que licitou os dous tramos da VAC existentes e non fixo promesas para a galería; pola contra, silencian os outros 22 anos do partido das mentiras, é dicir do PP; en fin, unha argumentación patética.
Xa comentei noutra ocasión que as persoas da miña xeración, tiña eu uns 45 anos cando se fixo a primeira promesa da VAC polo PP, alá polo ano 2000, nunca veremos a circunvalación que Viveiro merece, pois agora só fálase do treito entre Area e Magazos, no que o propio Estudo Informativo da Xunta contempla que con esta estrada convencional estarán cubertas as necesidades de Viveiro ata o ano 2056, ano horizonte deste proxecto paro o seu ámbito temporal, así que eu non dou chegado a proxectos futuros. Queda tamén por falar da continuidade desta estrada de baixas prestacións do treito entre Magazos e Covas, sine die, por iso atrévome a asegurar que a este paso a mocidade que naceu a principios deste século XXI terán moita sorte se en vida vén algo que realmente se lle poda chamar Vía de Altas Comunicacións.
É a historia dun fracaso, con moitas mentiras polo medio, mais como iso é difícil de asumir por quen agora o defende, fanse “trampas ao solitario”; é ben sinxelo, con dicir que mellor isto que nada xa imos todos felices (e tontos).
Por outra banda, a estratexia da Xunta do PP é de manual, logo de anos de abandono preséntase con toda a parafernalia unha estrada mala, moi mala, e despois os seus propios representantes no Concello (os dous partidos da moción de censura), fan alegacións ao seu propio proxecto para mellorar algo o desastre e “lavarse a cara” e, ao final, faise unha chapuza variando algunha curva e pouco máis. En fin.
Remato xa, coidemos moito da Ponte da Misericordia e da Porta de Carlos V, pois aínda quedan moitos anos de circular por esa vía, menos mal que daquela facían as cousas pensando no futuro.
Fernando Branco Parga
Veciño de Covas






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



