A Mariña, 9 de xuño, 2026. UCIN A Mariña denuncia publicamente a preocupante situación que, un verán máis, se repite na sanidade pública da comarca. O incremento de poboación durante os meses estivais, unido á falta de planificación, á escaseza de profesionais sanitarios e á insuficiente dotación de recursos, provoca —segundo a formación— un deterioro evidente na atención que reciben tanto os veciños como as persoas visitantes.
A chegada do verán supón unha presión asistencial extraordinaria para os centros de saúde da comarca e para o Hospital Público da Mariña, en Burela. Porén, ano tras ano persisten os mesmos problemas: falta de especialistas, dificultades para cubrir baixas e vacacións, peches temporais de servizos e plantas, incidencias organizativas e informáticas e unha saturación crecente nas urxencias.
UCIN A Mariña subliña que comprende perfectamente o dereito dos profesionais sanitarios a gozar das súas vacacións e a conciliar a súa vida familiar. A formación insiste en que o problema non reside nos traballadores —que realizan un esforzo extraordinario para manter o sistema en funcionamento—, senón na incapacidade da administración para prever e cubrir adecuadamente as necesidades asistenciais dunha comarca que multiplica a súa poboación durante o verán.
A organización lembra que as estatísticas son coñecidas: número de habitantes, evolución demográfica, envellecemento da poboación e patoloxías máis frecuentes por grupos de idade. Tamén se sabe que A Mariña recibe miles de visitantes adicionais no período estival. Por iso consideran incomprensible que non exista unha planificación suficiente para reforzar a atención primaria e hospitalaria cando máis se precisa.
A esta situación súmanse condutas incívicas que, segundo UCIN A Mariña, tamén deben ser denunciadas. Algunhas persoas usuarias descargan sobre o persoal sanitario frustracións derivadas da falta de recursos do sistema, xerando tensións e faltas de respecto que consideran absolutamente inxustificables. O persoal sanitario —subliñan— merece consideración e apoio, non ser o branco de problemas que corresponden a quen xestiona a sanidade pública.
Tamén lles preocupa o crecente recurso ás derivacións a outros hospitais, especialmente ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, unha medida que, ao seu xuízo, só traslada a saturación dun centro a outro sen resolver as carencias estruturais existentes na comarca.
Por todo isto, UCIN A Mariña esixe ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e á Consellería de Sanidade a posta en marcha inmediata dun plan específico para a comarca que inclúa o reforzo de persoal sanitario, a cobertura efectiva de vacacións e baixas, a recuperación de servizos e a mellora das comunicacións e dos recursos asistenciais.
Declaracións de Rafael González, coordinador de UCIN A Mariña
“A Mariña lleva años soportando una situación sanitaria que se agrava cada verano.
No hablamos de una emergencia imprevisible, sino de una realidad perfectamente conocida por la administración. Los ciudadanos tienen derecho a una atención sanitaria digna durante todo el año y especialmente cuando la población se multiplica. La Xunta no puede seguir gobernando a base de aguantar un día más mientras los problemas se acumulan y los profesionales trabajan al límite de sus posibilidades.”
“Los vecinos de A Mariña merecen el mismo nivel de atención sanitaria que cualquier otro gallego. Exigimos planificación, inversión y soluciones reales. La salud de las personas no puede depender de la improvisación política ni de la resignación de quienes sufren las consecuencias.”
UCIN A Mariña reafirma así o seu compromiso coa defensa dunha sanidade pública de calidade, próxima e suficientemente dotada para responder ás necesidades reais da comarca durante os doce meses do ano.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



