A Mariña, 10 de xuño, 2026. Adif adxudicou, por un importe de 3.432.895 euros, o contrato das obras de mellora da infraestrutura e reparación de desmontes entre os puntos quilométricos 19 e 40 do tramo Ferrol–Viveiro, na liña de ancho métrico 740 Ferrol–Pravia, na provincia da Coruña.
O contrato inclúe a reparación de nove trincheiras deste tramo, o que implica a retirada da malla existente, o desbroce e a tala de árbores, o saneamento dos taludes, así como tarefas de limpeza, protección e reposición de mallas e outros materiais de reforzo.
En liñas xerais, os traballos teñen como obxectivo reparar, estabilizar e dotar dunha protección permanente as zonas en talude situadas xunto á plataforma da vía, susceptibles de risco por choivas e outros factores climatolóxicos adversos. Esta actuación redundará na mellora da fiabilidade e da calidade das circulacións ferroviarias.
Mellora da fiabilidade da liña Ferrol–Pravia
As obras de reparación dos desmontes entre Ferrol e Viveiro súmanse a outros proxectos similares que Adif está a desenvolver na liña de ancho métrico Ferrol–Pravia co fin de mellorar a fiabilidade da infraestrutura.
Neste sentido, Adif investiu recentemente máis de 2 millóns de euros en obras de reforzo de taludes e trincheiras en varios tramos da liña ao seu paso pola provincia de Lugo, concretamente na zona da praia de Area Longa (Foz) e en diversos puntos do traxecto Viveiro–Xove.
Ademais, está en marcha outro contrato, por un importe de 3,4 millóns de euros, destinado a reforzar e consolidar varias trincheiras entre Ortigueira e Burela (55 km), entre as provincias da Coruña e Lugo.
Estas actuacións, enmarcadas no plan de renovación e mantemento da rede convencional, contribúen á consecución do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) 9, que promove infraestruturas fiables, sostibles e de calidade.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



