Ortigueira, 12 de xuño, 2026A Unión Sindical Obreira (USO) fixo pública a súa posición respecto ao proceso de elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ortigueira, deixando constancia da súa situación e das accións realizadas ao longo do procedemento. O sindicato non participou nas fases iniciais da negociación ao non formar parte da Mesa Xeral nese momento, incorporándose á representación sindical municipal en xuño de 2023. Por este motivo, USO non interveu na configuración inicial do organigrama, das fichas de posto nin das valoracións técnicas orixinarias.
Tras a reactivación da Fase IV, a organización sindical participou activamente. Dentro do prazo establecido na Mesa celebrada o 16 de marzo de 2026, USO presentou diversas propostas de corrección técnica relativas a múltiples traballadores de distintas áreas municipais. Porén, tras recibir a documentación e a proposta de cambios do 1 de xuño de 2026, o sindicato comprobou con sorpresa que non se incluíu ningunha valoración —nin xeral nin individualizada— das suxestións presentadas, carecendo de resposta técnica, informe de aceptación ou rexeitamento motivado.
Deficiencias técnicas e falta de criterios homoxéneos
O documento definitivo revela variacións en puntuacións, niveis ou retribucións entre marzo e xuño sen explicación técnica obxectiva, o que xera dúbidas razoables sobre se estes cambios buscan camuflar complementos individuais previos e evitar a aparición de Complementos Persoais Transitorios (CPT).
USO achegou documentación fundamentada en normativa, decretos municipais, sentenzas e realidades funcionais para defender titulacións, categorías profesionais e especializacións axeitadas do persoal. A pesar diso, foron ignoradas solicitudes relativas a factores esenciais de valoración, como:
-Especialización e actualización de coñecementos, que se mantén como “ocasional” en postos que requiren formación continua.
-Aprendizaxe, con períodos de adaptación insuficientes para postos con normativa complexa.
-Vencemento, sen unha valoración homoxénea da carga real de prazos, memorias e subvencións.
-Dispoñibilidade, non reflectida conforme ás resolucións de alcaldía vixentes.
-Penosidade, esforzo físico e intelectual, sen valoración preventiva específica nin intervención do Comité de Seguridade e Saúde, detectándose incoherencias entre postos de natureza similar.
Puntos solicitados para acta e conclusión
Como xustificación da súa postura, USO solicitou que conste en acta:
1. Que presentou correccións técnicas fundamentadas dentro do prazo legal.
2. Que non existe constancia de informe técnico que analice, acepte ou rexeite motivadamente as solicitudes.
3. Que, de existir tal informe, se identifique de inmediato; e, de non existir, se faga constar expresamente a súa ausencia.
4. Que non debería someterse a votación a Fase IV da RPT sen analizar e motivar previamente as alegacións presentadas.
5. Que USO se reserva o exercicio de accións administrativas, laborais ou xudiciais se se aproba unha RPT sen motivación individualizada e sen criterios homoxéneos.
USO subliña que a súa intervención non pretende bloquear o proceso, senón garantir que unha ferramenta tan relevante como a RPT se tramite con transparencia, obxectividade, motivación técnica e respecto á participación sindical que merece o persoal do Concello.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



