A alcaldesa, Dolores García Caramés, trasladou esta novidade ás asociacións de veciños do municipio mediante unha carta informativa
Cervo, 16 de xuño do 2026. O Concello de Cervo vén de poñer en marcha unha nova medida destinada a facilitar a correcta xestión dos residuos e a reforzar a concienciación ambiental da cidadanía. Desde este mes de xuño, o servizo municipal de recollida de enseres a domicilio pasa a ser totalmente gratuíto para toda a veciñanza.
A iniciativa supón a eliminación da taxa que se aplicaba ata o de agora e busca favorecer a retirada adecuada de residuos voluminosos —mobles, colchóns, electrodomésticos ou outros aveños domésticos— contribuíndo a manter os espazos públicos en mellores condicións e a evitar verteduras incontroladas.
Co obxectivo de difundir esta novidade e implicar ao tecido asociativo, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, remitiu unha carta a todas as asociacións veciñais e de montes do municipio explicando o alcance da medida e a súa relevancia dentro das políticas ambientais que impulsa o Concello.
Segundo sinala a rexedora, esta acción “vai máis alá da eliminación dunha taxa; constitúe unha iniciativa de sensibilización ambiental coa que queremos seguir fortalecendo a conciencia ecolóxica da cidadanía e promover unha correcta xestión dos residuos voluminosos”.
García Caramés destaca que a gratuidade do servizo “pretende ser un incentivo para avanzar cara a un municipio máis limpo, máis ordenado e máis respectuoso co medio ambiente”, lembrando que “a protección da nosa contorna é unha responsabilidade compartida na que cada pequeno xesto conta”.
Esta medida enmárcase no compromiso do Concello de Cervo coa sustentabilidade e o coidado do medio ambiente, reforzado a través de accións como a promoción da recollida selectiva e da reciclaxe, o impulso da compostaxe doméstica, campañas de educación ambiental, o punto limpo móbil itinerante ou a iniciativa municipal Coida Cervo.
A alcaldesa aproveitou tamén a comunicación ás asociacións para agradecer o seu papel na transmisión destes valores. “O labor das entidades do noso municipio é fundamental para seguir construíndo un Cervo cada vez máis comprometido coa protección da contorna e coa mellora da calidade de vida da veciñanza”, subliñou.
Desde o Concello lembran que o servizo de recollida de enseres continuará realizándose a domicilio, previa solicitude na Casa do Concello ou na Casa da Cultura, dous xoves alternos ao mes, agora sen ningún custo para os usuarios. O obxectivo é facilitar o acceso ao servizo e avanzar nun modelo de xestión de residuos máis eficiente, sostible e respectuoso co medio ambiente.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



