Nota de prensa:
29 de Nadal de 2010. Dende hai 10 anos, ADEGA entrega os premios OSÍXENO e DIOXINA para subliñar as millorer e piores actuacións ambientais do ano.
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2010:
-Categoría individual: a Anxo Moure, atrapador de contos, fundador e impulsor de Bicis pola Paz, Contos Solidarios, Papaventos…
-Categoría colectivo: aos concellos e comarcas galegas pola Compostaxe: Compostela, Ferrolterra, Mancomunidade do Barbanza, Guitiriz, O Morrazo, O Carballiño… até un total de 33.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva ou insustentábel:
-Categoría individual: a Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente e editor de “La Voz de Galicia”.
-Categoría colectivo: á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza.
Premio OSÍXENO DE HONRA a Xaquín Marín pola súa traxectoria de compromiso coa ecoloxía, a língua e a cultura do país.
Un ano máis, e van xa 10 edicións, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) falla os premios OSÍXENO e DIOXINA. Estes recoñecementos pretenden subliñar as actuación de persoas ou colectivos a prol (premio OSÍXENO) ou en contra (premio DIOXINA) do patrimonio natural galego. Hai uns anos ampliamos o carácter destes premios establecendo dúas modalidades para recoñecer o labor tanto de colectivos como de persoas en cada unha das categorías. E como novidade, en 2009 instituimos o premio OSÍXENO DE HONRA para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país, que recibíu D. Isaac Díaz-Pardo.
Este ano o premio de honra recae no humorista gráfico e debuxante Xaquín Marín, un dos fundadores da banda deseñada galega e director do Museo do Humor (Fene), por todo o que leva aportado á nosa cultura e pola sensibilidade e compromiso ambiental que reflicten os seus deseños.
Nas demáis categorías, os/as premiados/as nesta edición de 2010 son:
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do ano:
-Categoría individual: A Anxo Moure, o Carballo con Botas, atrapador de contos e abrazador de árbores, por concienciarnos sobre os valores da solidariedade, a xustiza e liberdade, usando a paz, a ecoloxía e a imaxinación como instrumentos.
-Categoría colectivo: aos concellos e comarcas galegas pola compostaxe, por teren apostado, fronte á sinrazón da incineración que promove SOGAMA, por outros xeitos máis solidarios e ecolóxicos de xestionar os residuos urbanos. Son máis de 33 os concellos que en Galiza realizan programas de compostaxe caseira ou comunitaria, ou xestionan os seus refugallos en sistemas mancomunados como a Serra do Barbanza ou o Morrazo. En representación de todos, persoalizamos o galardón no concello d’A Illa de Arousa, pioneiro en apostar por un modelo baseado integramente na compostaxe caseira e comunitaria.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva e insustentábel:
-Categoría individual: ao presidente e editor de “La Voz de Galicia” Santiago Rey Fernández-Latorre por ser o responsábel dunha liña editorial de desprezo á nosa lingua e colaborar na mentira da imposición. Unha liña que, malia ao bo traballo de moitos profesionais e iniciativas como “Voz Natura”, teima en apoiar intereses e políticas lesivas para o noso ambiente: Ás continuas publirreportaxes e informacións sesgadas sobre Reganosa ou Touriñán, hai que engadir a minimización da dimensión e o silenciamento dos efectos dos lumes deste verán nos espazos protexidos (coincidindo cunha oportuna subvención cuase-nominativa de Medio Rural), a manipulación descarada das informacións encol do concurso eólico atendendo a criterios políticos, e a deturpación ou o silenciamento da voz do ecoloxismo organizado.
-Categoría colectivo: á Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Consellaría do Medio Rural). No ano Internacional da Biodiversidade (2010), Galiza segue exactamente igual que hai dous anos: á cola en superficie e hábitats protexidos. Parón nos instrumentos de xestión (PORN, PRUX e Planos de Conservación) baleirados de orzamento, incumprimentos e retrasos nas convocatorias dos organismos consultivos, inoperancia e desleixo cos lumes nos espazos de alto valor natural, desmontaxe e privatización encoberta dos parques naturais, redución das axudas para a prevención e a compensación polos ataques do lobo, xeralización da “caza preventiva”… e como colofón, a recente negativa á criazón do Parque Natural no Monte Pindo solicitado por amplos sectores sociais, institucións, veciñanza e ecoloxistas.
Os premios, consistentes nunha escultura comemorativa e un diploma entregaranse no decurso dun acto público e un xantar de confraternización que celebraremos a finais do mes de xaneiro.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



