A Coruña, 16 de xuño, 2026. A serie de vídeos divulgativos O Seminario de Onomástica responde, da Real Academia Galega, centra a súa última tempada na explicación dos motivos polos que os expertos en toponimia da institución propuxeron cambios nos nomes dunha ducia de concellos galegos, xa incorporados na actualización máis recente do Nomenclátor de Galicia.
O novo episodio, publicado hoxe, aborda o caso de Alfoz do Castrodouro, da man do coordinador do Seminario, o académico Antón Santamarina. O vídeo pode verse aquí: https://youtu.be/tgfh8j_hY_g
A continuación ofrécese a transcrición completa da peza audiovisual, que complementa a información escrita difundida no seu día sobre os ditames da RAG relativos ás modificacións nos nomes dos municipios, dispoñible nesta ligazón: academia.gal/documents/35271/2140441/Cambio_nomes_concellos.pdf
Transcrición do episodio sobre Alfoz do Castrodouro
Antón Santamarina, coordinador do Seminario de Onomástica da RAG: Neste parladoiro non imos tratar da etimoloxía das tres unidades léxicas que forman a denominación do concello de Alfoz do Castrodouro —dúas delas, Alfoz e Castro, bastante transparentes—; imos centrarnos no engadido do Castrodouro, que non figuraba no Nomenclátor de Galicia de 2003 e que xerou certa polémica.
A través da plataforma Galicia Nomeada chegou ao Seminario de Onomástica a información de que na comarca estaba en uso a denominación Alfoz do Castrodouro. Isto motivou a recollida de nova información mediante enquisas a informantes locais, que confirmaron que, xunto á forma abreviada Alfoz, tamén se emprega a forma completa.
Tamén investigamos documentación escrita e, tanto en galego como en versións castelanizadas, comprobamos que a denominación histórica do concello incluía o determinante.
Testemuños documentais:
En 1835, cando se constitúen os concellos galegos, aparece como Alfoz del Castro de Oro (Boletín Oficial da Provincia, 22 de novembro).
Nos Boletíns Oficiais da Provincia mantense esta forma —ou Alfoz de Castro de Oro— polo menos ata 1985.
No censo do INE de 1842 figura como Alfoz de Castro de Oro; nos posteriores aparece só como Alfoz.
No dicionario de Madoz (1845), a entrada é Alfoz del Castro de Oro, repetida en diversas parroquias e lugares.
Na Geografía del Reino de Galicia (Lugo, 1928), redactada por M. Amor Meilán, indícase: “Alfoz o Alfoz del Castro de Oro como también se llama”, e inclúese unha ilustración do escudo municipal coa lenda “Distrito municipal Alfoz del Castro de Oro”.
En textos literarios e etnográficos, como a Etnografía Mindoniense (1939) de Lence Santar, úsanse ambas formas: Alfoz e Alfoz do Castro d’Ouro.
Antes da creación do concello, no Catastro de Ensenada (s. XVIII), aparece como Jurisdición de Alfoz de Castro de Oro.
Por todas estas razóns, a RAG, tendo en conta o informe do Seminario de Onomástica, acordou propoñer á Xunta de Galicia a restauración do nome histórico: Alfoz do Castrodouro. A Xunta aprobou oficialmente esta proposta no Consello do 30 de marzo de 2026.
É evidente que na conversa cotiá continuará empregándose a forma abreviada, como ocorre noutros concellos —dicimos Navia por Navia de Suarna ou Monforte por Monforte de Lemos—, pero nos documentos oficiais, mapas, sinais de tráfico ou na Wikipedia debe figurar a denominación completa.
Dúas curiosidades finais:
– No Nomenclátor actual de España existen outros cinco Alfoces, todos con determinante: Alfoz de Bricia, de Lloredo, de Quintanadueña, etc.
– No Nomenclátor de Galicia, polo menos ata o século XIX, había outros tres Alfoces, hoxe desaparecidos sen que saibamos por que: un na Pastoriza, outro en Becerreá e outro en Allariz.
Á vista de todo o anterior, esperamos que quen tivese dúbidas sobre a denominación longa quede convencido de que o ditame da Academia está plenamente xustificado.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



