Madrid, 16 de xuño, 2026. O PP rexeitou na Comisión de Transformación Dixital do Senado unha emenda presentada polo senador socialista César Mogo para instar ao Goberno a acelerar a implantación da conectividade en Lugo até acadar o 100% da provincia, así como a mellorar a coordinación cos concellos do rural para detectar as parroquias que presentan problemas.
Mogo lembrou que, desde que goberna Pedro Sánchez, Lugo alcanzou o 99,4% de cobertura 5G, e o Executivo xa anunciou que non se deterá até superar o 0,6% restante. En banda larga, a provincia mellorou 36,32 puntos desde 2018 (do 51,39% ao 87,71% actual), e en fibra óptica avanzou 46,91 puntos (do 32% ao 78,91%).
O senador criticou que o PP presentase “dúas mocións iguais” sobre esta cuestión na mesma comisión en apenas uns meses, cualificando a estratexia como “unha tomadura de pelo á veciñanza de Lugo”.
Segundo Mogo, “o PP quere sacar tallada política dun ámbito no que o Goberno está a facer un esforzo sen precedentes pola provincia, cun investimento que supera os 60 millóns de euros nos últimos cinco anos”. Engadiu que os populares pretenden “converter nun problema o que todo o mundo recoñece como un éxito en conectividade e que, ao ritmo actual, permitirá que Lugo quede completamente conectada en pouco tempo”.
O senador recoñeceu que “a cobertura aínda non chegou ao 100% e quedan núcleos rurais sen conexión plena”, pero insistiu en que esa é precisamente a prioridade do Goberno: “non imos parar até conseguilo”.
Mogo concluíu lembrando que, se se tomasen por boas as cifras que o PP manexa sobre a cobertura dixital, “habería que asumir que en 2018, cando deixaron o Goberno, había 30.000 lucenses sen cobertura dixital. Non o cre ninguén”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



