Este fin de semana celebramos en Lugo a festa do Arde Lucus. Un acontecemento que dende os seus inicios, a principios deste século, foi medrando ano tras ano ata converterse nun referente turístico.
O seu obxetivo, entre outros, centrouse, dende a súa orixe, en rememorar a fundación da cidade por Paulo Fabio Máximo hai máis de dous mil anos e revivir, ao mesmo tempo, o pasado romano e castrexo da devandita cidade amurallada. Pois nada pode lexitimar mellor o noso presente ca unha festa que simboliza o momento fundacional desta urbe bimilenaria.
Estamos a falar dun espazo que para os romanos era o mellor lugar estratéxico de todo o noroeste peninsular. Porque Lucus Augusto foi, entre outras cousas, un nó de comunicación vital para o Imperio no noroeste da Península Ibérica, xa que a súa ubicación, sobre unha meseta, facilitaba a conexión entre a costa occidental e o interior, sendo un lugar de paso obrigado.
Mágoa que os nosos políticos, aqueles que nos representaron nos últimos cincuenta anos, non conservaran a mesma visión e o mesmo interese que tiveron os fundadores da cidade e converteran este feito na base estratéxica e idea vertebradora no desenvolvemento da cidade. Só se trataba de apostar polo que o legado romano nos ofrecía: converter Lugo nese gran centro estratéxico de gran parte do noroeste peninsular. Polo menos, nun gran centro loxístico, de extraordinaria importancia para as demandas actuais polo auxe do comercio electrónico e a globalización. Pero tamén nun centro turistico de referencia. Porque Lugo, ademais de conservar un gran patrimonio romano, medieval e modernista, conta cunha contorna natural extraordinaria e un gran potencial gastronómico. Ademais, volvendo á súa posición estratéxica, está a pouco máis dunha hora do noroeste asturiano, da Mariña e A Coruña, de Ferrol, Compostela, Ourense e a Ribeira Sacra.
Todo un potencial para o desenvolvemento que convenientemente traballado e xestionado puido facer de Lugo unha gran cidade de referencia para o noroeste peninsular pero para isto, se necesitaban políticos con coñecemento da nosa realidade histórica e das nosas auténticas potencialidades, ademais de vontade para facer posible o necesario que é a forma mais sensata de facer política.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



