Daniel García: “apoiamos un modelo produtivo que reduce a biomasa nos montes e aumentando pois, a protección fronte aos lumes”
Lugo, 18 de xuño de 2026. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha a sétima edición da convocatoria da axudas á gandería extensiva “O que non arde”, cun orzamento de 400.000 euros.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria, dirixida a ganderías de cabalar, ovino, cabrún e porcino, que poderán solicitar axudas para financiar investimentos e gastos relacionados co manexo, a alimentación e a sanidade do gando en extensivo.
Concretamente, contempláse a subvención da compra de pastores eléctricos e accesorios para o seu funcionamento como baterías ou placas fotovoltaicas, a compra e o mantemento de valados móbiles de malla electrificada, de valados fixos electrificados, de colares intelixentes para a monitorización da actividade animal, de refuxios, de pasos canadenses e doutros elementos para silvopastoreo como curros, mangas de manexo, comedeiros e bebedeiros móbiles ou pasos canadenses.
O deputado de Rural Daniel García explicou que “seguimos reforzando un programa que se puxo en marcha en 2020 para contribuír ao aproveitamento e á xestión integral do monte e que se consolidou nestes anos como un instrumento de apoio á gandería extensiva, un modelo produtivo que fixa poboación no territorio, que conserva o medio natural e que actúa como barreira eficaz contra os lumes”
O responsable provincial detallou que “o programa foi incorporando medidas demandadas por ganderías e por colectivos e profesionais que traballan no rural, tratando de proporcionar un apoio efectivo e real a quen están día a día no territorio”. Nesa liña, explicou que “nas últimas edicións se incorporou o financiamento de elementos como os colares intelixentes, que utilizan a tecnoloxía para facilitar o control do gando no monte” .
Daniel García destacou que “coa ampliación de orzamento das últimas convocatorias, O que non arde consolidouse como a principal liña de axudas directas para as ganderías que están a realizar un traballo pouco visible pero moi necesario, como as ganderías de cabalar, que contribúen a reducir a biomasa nas principais serras da provincia, como o Xistral e Cadramón”.
As axudas, que poden solicitarse desde mañá 19 de xuño ata o vindeiro 10 de xullo, poderán chegar a un máximo de 6.000 euros ou 12.000, no caso de incluiren pasos canadenses ou colares intelixentes, dacordo cos criterios establecidos nas bases, simplificadas respecto de anteriores convocatoria co fin de axilizar a tramitación administrativa e abrir a convocatoria a novas persoas beneficiarias. Así, na concesión prímase cunha puntuación adicional as persoas que non recibiron as axudas na convocatoria de 2025.
As bases da convocatoria e os modelos de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo, no apartado Medio Rural>Subvencións Concorrencia Competitiva>O que non arde.
Nova edición dun programa pioneiro
A área de Rural puxo en marcha o programa “O que non arde´” en 2020, cunha primeira edición centrada na xestión do monte, na que se financiou a roza e limpeza das faixas laterais da rede viaria municipal, así como para o mantemento da rede de faixas de xestión de biomasa coa plantación de especies arbóreas autóctonas.
En 2021, a convocatoria orientouse ao fomento do pastoreo preventivo por parte das comunidades de montes veciñais en man común, implicando a comuneiros e comuneiras no mantemento e limpeza das faixas de protección contra os lumes. Beneficiáronse da convocatoria 18 comuneiros a título particular e 7 CMVMC, de Castroverde, Sarria, Ourol, Abadín, Friol, Mondoñedo, Viveiro.
Nas 4 últimas edicións, 2022, 2023, 2024 e 2025, as axudas orientáronse a gandería de cabrún, ovino e porcino, apoiando a posta a disposición destas ferramentas para os/as gandeiros/as da provincia de Lugo, co fin último de apoiar a xestión do territorio, o mantemento da paisaxe, a conservación da biodiversidade e a redución de biomasa no monte. Na anualidade pasada concedéronse 72 axudas a ganderías das distintas comarcas lucenses.
Tendo en conta a contía orzamentada para a convocatoria deste ano, a área de Rural suma un total de 1.145.000 euros destinados ao programa “O Que Non Arde”, que conta con recoñecemento de diferentes entidades e foros estatais -WWF Adena ou Territorios Pastoreados da Fundación Entretantos- como iniciativa institucional das administracións públicas de apoio á Gandería Extensiva.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


