As e os socialistas esixen ao PP que aclare se os dispositivos están operativos, rexistrados no 061 e accesibles para a cidadanía
Abadín, 20 de xullo de 2026. O PSdeG de Abadín reclamou hoxe ao Goberno local do Partido Popular que revise de maneira inmediata os desfibriladores municipais, ante a información recollida polo Grupo Municipal Socialista que apunta a que actualmente non están operativos.
O voceiro socialista, Pablo Díaz, explicou que o Concello adquiriu hai arredor de cinco anos un desfibrilador por preto de 2.500 euros que, segundo a información obtida polo PSdeG, nunca chegou a utilizarse e está sen batería. Ademais, advertiu de que o outro dispositivo, cedido pola Deputación de Lugo e situado no albergue de Gontán, ten os eléctrodos caducados.
As e os socialistas sinalan que tampouco lles consta que estes dispositivos estean dados de alta no Rexistro Galego de Desfibriladores Externos do 061 nin que se garanta o acceso á cidadanía. Por iso, reclaman ao rexedor que informe publicamente sobre o seu estado, as revisións realizadas, a data do último mantemento e as condicións de acceso e utilización.
“Rancaño coñece esta situación e non pode seguir mirando para outro lado. Se existe algún problema coas baterías, cos eléctrodos ou coa súa inscrición, debe resolverse de inmediato. Nunha emerxencia, cada minuto conta”, incidiu Díaz.
Dende o PSdeG esixen ao goberno local do PP unha revisión técnica urxente dos desfibriladores, a substitución de todos os elementos caducados ou deteriorados e a publicación da documentación que acredite que están operativos e correctamente rexistrados.
“O Partido Popular ten que deixar de actuar só cando a oposición denuncia os problemas. O alcalde está para gobernar, anticiparse e cumprir coas súas obrigas, especialmente cando está en xogo a seguridade da veciñanza”, concluíu Pablo Díaz.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



