Trabada, 21 de xullo de 2026. O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para participar na II edición do Campionato de Balinera, unha actividade que volverá celebrarse o vindeiro 8 de agosto, ás 10:30 horas, no Alto da Cadeira, coincidindo coa tradicional Xira da Cadeira.
Tras a boa acollida da primeira edición, o Concello aposta por consolidar esta iniciativa dentro da programación estival, ofrecendo unha actividade lúdica e participativa para todas as idades.
As inscricións son gratuítas e xa poden realizarse nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982 135 011. A organización recomenda formalizar a inscrición antes do 6 de agosto, aínda que tamén será posible anotarse o propio día do evento.
Tal e como recolle o regulamento, as balineras serán facilitadas pola organización, non estando permitido participar cunha balinera propia. Ademais, os participantes de entre 14 e 17 anos deberán acudir acompañados dunha persoa adulta.
O campionato repartirá tres premios:
1º premio: unha carabina.
2º premio: unha desbrozadora.
3º premio: un maletín de ferramenta Irimo.
O alcalde de Trabada, Rubén García, agradece a colaboración de Adrián Lombardía, propietario de Top 10 Ferretería, pola cesión do material para os premios desta segunda edición.
“Quero agradecer a implicación de Adrián e Top 10 por colaborar unha vez máis con este campionato. A colaboración das empresas é fundamental para facer posible iniciativas como esta e seguir dinamizando a programación de actividades”, sinala o rexedor.
Desde o Concello animan á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta segunda edición do Campionato de Balinera e a desfrutar dunha xornada de convivencia e diversión.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



