O portavoz, Antonio Ameiiide, considera “incoherente” reclamar constantemente á Xunta solucións sobre cuestións que dependen directamente do Ministerio de Sanidade e gardar silencio cando quen ten que actuar é o Goberno de Pedro Sánchez”
Lugo, 21 de xullo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular pedirán no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo que o Goberno de España “retire a súa proposta de reforma do Estatuto Marco e abra unha negociación real cos profesionais sanitarios e coas comunidades autónomas” para solucionar o conflito e evitar máis paros médicos que están a impactar nos tempos de espera, máxime cando os facultativos xa teñen anunciado que continuarán coa folga despois do verán ante a falta de acordos co Ministerio de Sanidade.
Os deputados provinciais do PP insisten en que a iniciativa “non responde a unha posición partidista, senón ás demandas expresadas polos propios facultativos que levan meses mobilizándose contra as imposicións do Goberno de Sánchez e reclamando un Estatuto Marco que teña en conta as demandas da profesión médica e faga fronte aos problemas reais do Sistema Nacional de Saúde. Os populares lamentan que a folga provocada polo Executivo estatal “teña un elevado impacto nas listas de espera da sanidade pública de toda España” – só en Galicia téñense suspendido preto de 280.000 actos médicos cos paros convocados desde o mes de decembro- e inciden en que “a solución depende exclusivamente do Goberno do Estado”.
O portavoz, Antonio Ameijide, considera “chamativo” que PSOE e BNG manteñan un discurso permanente esixindo á Xunta de Galicia máis profesionais sanitarios, pero “sempre se neguen a mirar cara ao verdadeiro responsable de boa parte dos problemas estruturais que afectan á sanidade. Son moi bravos en Galicia e nos plenos da Deputación de Lugo, pero moi mansos cando toca reclamar ao Goberno de España que asuma as súas responsabilidades”, sinalan.
O Grupo Provincial Popular lembra que é o Executivo central quen ten competencias fundamentais para planificar e incrementar o número de profesionais sanitarios, tanto a través da oferta de prazas de formación especializada como da regulación do Estatuto Marco que ordena as condicións laborais do persoal do Sistema Nacional de Saúde. “É incoherente reclamar constantemente á Xunta solucións sobre cuestións que dependen directamente do Ministerio de Sanidade e gardar silencio cando quen ten que actuar é o Goberno de Pedro Sánchez”, aseguran.
“PSOE e BNG levan anos presentando iniciativas para esixir máis médicos á Xunta de Galicia, pero nunca teñen a valentía de reclamar ao Ministerio de Sanidade que aumente as prazas de formación ou que atenda as reivindicacións dos profesionais. Prefiren utilizar a sanidade como ferramenta de confrontación política antes que esixir solucións a quen realmente ten as competencias”, denuncian os populares.
Tanto os representantes dos profesionais como a maioría das comunidades autónomas levan tempo reclamando ao Ministerio de Sanidade que retire a proposta actual e abra un proceso de diálogo real onde se teñan en conta as peculiaridades da profesión médica.
“Se PSOE e BNG son tan reivindicativos coa sanidade pública, teñen agora unha oportunidade perfecta para demostrar que tamén o son diante do Goberno de España e non só cando lles interesa facer oposición á Xunta de Galicia”, conclúen os deputados populares.





















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



