Burela, 21 de xullo, 2026. A alcaldesa de Burela, Carmela López, e a concelleira de servizos sociais, Alejandra Fernández, visitaron este martes as instalacións do Fogar San Aníbal Os Castros, un centro especializado en menores migrantes non acompañados xestionado pola Obra Social das Fillas do Divino Celo – Rogacionistas e concertado coa Xunta de Galicia.
Na súa visita, a tamén presidenta da Deputación de Lugo, que foi recibida polos responsables da Obra Social, coñeceu de primeira man as instalacións e servizos que ofrece este recurso de menores que está en funcionamento desde o pasado mes de marzo.
Unha reunión para seguir estreitando os lazos de colaboración do Concello coa entidade rogacionista, que xestiona tamén en Burela o centro de día de menores e a casa de familia San Aníbal, así como o centro de acollida María Nazarena e unha vivenda para a emancipación de mozos maiores de 18 anos, sempre na búsqueda de mellorar os servizos ofertados para as familias máis necesitadas de Burela.
Xunto coa concelleira de servizos sociais do Concello, coñeceron tamén aos usuarios do centro, que son catorce mozos de entre 14 e 18 anos, interesándose polas súas historias persoais e o seu grao de integración na comunidade burelesa.
Con orixe en países como Gambia, Mali, Marrocos, Senegal e Mauritania, a maioría chegaron a España en patera ou a nado despois de meses de travesía migratoria por diferentes países africanos, con vivencias moi duras. A Burela once chegaron derivados desde Canarias e os outros tres desde Ceuta.
Nestes catro meses, os menores avanzaron moito na súa integración, escolarizados en diferentes centros educativos da comarca e compaxinando a súa formación e o perfecccionamento do idioma co traballo nas fins de semana ou ao saír de clase, xa que oito dos mozos xa están traballando: dous que acaban de cumprir a maioría de idade e seis que teñen 17 anos.
O equipo educativo deste recurso, que é o primeiro centro de acollida de menores migrantes en obter certificacións de calidade en Galicia, está composto por un equipo multidisciplinar de catorce profesionais que convive durante as 24 horas cos menores nun ambiente de proximidade e acompañamento.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



