Viveiro, 22 de xullo, 2026. O BNG de Viveiro expresa a súa desconformidade coa resposta de Portos de Galicia ao rexeitar as alegacións presentadas pola formación o pasado 12 de maio en relación co proxecto de renovación e ampliación da concesión do supermercado Gadis no porto viveirense.
Aínda que o BNG valora positivamente a continuidade e mellora da actividade comercial no municipio, a voceira Iria Cotelo subliña que a actuación se sitúa nunha “zona urbanística e paisaxisticamente sensible”, ao tratarse de dominio público portuario, nun enclave privilexiado xunto ao casco histórico e a ría.
Falta de ambición na rehabilitación do espazo
O edil nacionalista Seve Salgueiro, indica que as alegacións rexeitadas buscan “unha maior integración da edificación, a mellora da urbanización, a ordenación da zona e a creación de zonas verdes”, actuacións que, recalca, son plenamente compatibles co mantemento das prazas de aparcamento.
O BNG denuncia a actitude da Xunta de Galicia, sinalando que “as respostas de Portos copian literalmente as da concesionaria, pese a incluír varios erros”, ignorando a necesidade de intervir nun espazo que, ao seu xuízo, presenta síntomas de degradación. “O aparcadoiro do muelle ofrece unha imaxe descoidada e a zona do Casino atópase en estado de abandono. Non todo vale; é necesario aproveitar estas obras para rehabilitar a fachada marítima”, sentencian dende a formación.
Pese ao rexeitamento xeral, o BNG destaca que as súas alegacións lograron forzar algúns compromisos, aínda que os cualifican de “moi insuficientes”, como a instalación dun punto de recarga para vehículos eléctricos e melloras na accesibilidade ciclista.
Finalmente, a formación lamenta a “parálise” do actual goberno municipal de Viveiro ante esta oportunidade perdida. “Os escasos compromisos logrados son froito das propostas do BNG. Agardamos que o goberno local deixe de estar paralizado e se sume ás nosas reivindicacións para defender a humanización desta zona tan estratéxica para o noso pobo”, conclúen.























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



