Trabada, 22 de xullo de 2026. O Concello de Trabada vén de conseguir unha subvención por importe de máis de 35.000 euros destinada á reparación dos vestiarios do pavillón municipal afectados polo incendio rexistrado o pasado mes de xaneiro.
A actuación permitirá executar a substitución da cuberta e da estrutura de vigas dos vestiarios, cun proxecto que ascende a máis de 51.000 euros, dos que o Concello achegará máis de 15.000 euros.
Esta intervención supón un novo paso na recuperación dunha infraestrutura municipal que sufriu importantes danos a consecuencia do incendio. O custo total estimado da reparación do pavillón ascende a arredor de 160.000 euros, polo que esta subvención permitirá acometer unha primeira fase das obras.
O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o primeiro momento buscamos diferentes vías de financiamento para afrontar unha actuación que é imprescindible para recuperar esta instalación municipal”.
O rexedor lembra que o Concello solicitou inicialmente ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes unha colaboración extraordinaria para facer fronte aos danos ocasionados polo incendio, unha petición que non foi atendida, remitindo ao Concello ás distintas convocatorias ordinarias de subvencións.
“Ante esa negativa, seguimos traballando e buscando alternativas. Presentamos este proxecto a unha liña de axudas que se adaptaba ás actuacións necesarias e conseguimos unha subvención de máis de 35.000 euros que nos permitirá iniciar a recuperación dos vestiarios”, sinala.
Rubén García engade que o Concello xa rexistrou unha nova solicitude de convenio extraordinario coa Xunta de Galicia, co obxectivo de obter financiamento para continuar coa reparación do resto dos danos ocasionados polo incendio.
“Estamos a falar dunha actuación valorada en preto de 160.000 euros derivada dunha situación totalmente sobrevida para o Concello. Agardamos que nesta ocasión a Xunta colabore connosco para poder recuperar canto antes unhas instalacións fundamentais para os clubs deportivos e para toda a veciñanza”, conclúe o alcalde.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



