A exposición visibiliza o telento e a creatividade das persoas que participaron nos talleres durante este curso, coa colaboración da asociación Saúde Mental A Mariña
Cervo, 23 de xullo de 2026. Este xoves quedou inaugurada na Sala de Exposicións da Casa da Cultura a mostra de artesanía de Arruguiñas, unha exposición que reúne os traballos elaborados polas persoas participantes nos obradoiros desenvolvidos ao longo do curso, dentro deste programa municipal de envellecemento activo que reuniu neste edición a máis de cen veciños/as que asistiron ás diferentes actividades programadas.
O acto contou coa asistencia da alcaldesa, Dolores García Caramés; da concelleira Pilar Armada; da directora técnico xeral de Saúde Mental A Mariña, María José Nóvoa e do presidente da entidade Jorge Manchado; así como de integrantes da asociación, familiares, monitores e alumnado dos talleres, que quixeron compartir este momento tan especial.
Durante a inauguración, a rexedora destacou o valor desta iniciativa, que permite dar a coñecer o esforzo, a dedicación e a creatividade das persoas participantes, ao tempo que pon en valor o importante labor que desenvolven este tipo de programas como espazos de aprendizaxe, convivencia e inclusión social.
A exposición permanecerá aberta ao público ata finais de agosto na Casa da Cultura, ofrecendo á veciñanza a oportunidade de achegarse e descubrir unha colección de pezas artesanais nas que se reflicten a ilusión, a constancia e o talento das súas autoras e autores.
Desde o Concello anímase á cidadanía a visitar esta mostra e a apoiar unha iniciativa que contribúe a enriquecer a programación cultural do municipio.
O Concello quere expresar tamén o seu agradecemento á Asociación Saúde Mental A Mariña pola súa colaboración e implicación, fundamentais para facer realidade este proxecto.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



