Ribadeo, 29 de xullo de 2026. A Festa do Percebe de Rinlo, que se celebra o 1 de agosto, contará de novo con Percebus. O Concello de Ribadeo aumenta o servizo pola noite.
O alcalde, Dani Vega, contou que “o sábado, día 1 de agosto, celebramos a Festa do Percebe, esa celebración que queren poñer en valor desde a agrupación de percebeiros e percebeiras e tamén desde a confraría en colaboración co Concello e coa Xunta. En primeiro lugar destacar que é unha celebración para poñer en valor un produto de calidade e un produto do mar. E segundo, destacar a colaboración tamén, xa que é unha celebración que a Xunta de Galicia financia e polo tanto o noso agradecemento. E evidentemente á organización, que leva moitos anos preparando unha celebración para poñer en valor non só o produto do mar, senón tamén todo o seu traballo diario. Esta festa, que empezou hai moitos anos, que un grupo de percebeiras decidiu arrancar para poñer en valor o traballo diario e constante que ten o mundo do mar e tamén o produto gastronómico, o percebe”.
O rexedor dixo: “creo que Rinlo, que ten unha entidade propia, que é unha vila mariñeira, que queremos estar constantemente apoiando, organizando eventos e tamén investindo para seguir mellorando toda unha vila espectacular, marabillosa e unha vila tremendamente mariñeira”.
Vega manifestou: “estas celebracións con orden, cun traballo coordinado, é como se fan as cousas. E tamén dotar a esta festa, a esta celebración de seguridade. E por iso xa hai 3 anos que vimos poñendo a disposición de todos os que acoden a Rinlo o servizo de transporte público gratuíto, o Percebus. Recordade os horarios de 12 a 15 horas, dende a estación de autobuses de Ribadeo a Rinlo, de forma continuada. E de nove da noite a unha da madrugada, dende Rinlo á estación de autobuses, tamén de forma continuada. Este ano imos incrementar o servizo de bus de nove da noite a unha da madrugada, en lugar de dous imos contar con tres autobuses, porque fomos vendo durante estes anos que empezábamos cun, seguimos con dous e agora fan falta os tres autobuses para darlle maior axilidade e así tamén garantir en maior medida a seguridade”.
O alcalde ribadense considera que “entre todos é como se fan as cousas, volvo a agradecer ás percebeiras e percebeiros o traballo que fan nesta celebración, nesta posta en valor do produto do mar, pero tamén ese traballo constante e continuo de seguir ese relevo xeracional do mundo do mar”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



