Burela, 25 de xullo, 2026. Marina García Fernández (Foz, 08/06/2009) achegará unha dose extra da esencia das Xoias Laranxas ao equipo de Javier Pardeiro. A benxamina do conxunto mariñán cumprirá a súa segunda tempada coas Guerreiras.
“Supón moitísimo para min. O Burela é o club no que empecei a xogar ao fútbol sala e poder seguir medrando aquí é unha oportunidade magnífica. Estou moi agradecida pola confianza que o club deposita en min e teño moitas ganas de seguir aprendendo, mellorando e axudando ao equipo”, explicaba a dorsal 12 do Reyco Burela FS.
Con só tres cursos de formación no fútbol sala, estreouse en Primeira a pasada tempada e mesmo gozou dunha convocatoria coa selección galega. “Foi unha experiencia moi especial. Debutar en Primeira era algo que levaba tempo soñando e poder facelo tan nova foi unha oportunidade incrible. Intentei aproveitar cada minuto para aprender, coller experiencia e seguir medrando como xogadora”, reflexionaba a prometedora ala mariñá.
Aínda en idade xuvenil, Marina destaca por ser unha xogadora tacticamente intelixente, rápida e vertical. “A experiencia do ano pasado axudoume a medrar e agora afronto esta tempada con máis ilusión ca nunca. Quero seguir traballando e mellorando cada día para dar o máximo de min, axudar ao equipo en todo o que poida e aproveitar esta oportunidade ao máximo”, engadía a xogadora laranxa, que ve un proxecto “moi ilusionante”.
“Mantense unha boa base do equipo e as novas incorporacións seguro que van axudar moito. Estou convencida de que, co traballo de todas, podemos facer unha gran tempada”, apuntaba Marina, que se converte na quinta peza confirmada por Pardeiro, xunto ás renovacións de Sandra e Silvia, e ás chegadas da ala-peche vallisoletana Pau e da ala-pivote andaluza Elena.
No seu camiño de aprendizaxe e esixencia competitiva, a xogadora focega tamén enviou unha mensaxe aos preto de 200 nenos e nenas da Escola Imdecum Burela FS: “Deben gozar moito deste deporte e non deixar nunca de loitar polos seus soños. Con esforzo, ilusión e constancia todo chega. Eu tamén empecei na base e estou moi orgullosa de poder seguir medrando neste club, así que anímoos a aproveitar cada adestramento e a non renderse nunca”, concluía Marina.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


