O fútbol nunca foi só un xogo de vinte e dous a detrás dun balón; é un dos espellos máis fiábeis onde se reflicte a identidade, a política e a memoria colectiva dos pobos. En Galicia, a vinculación entre este deporte e a construción do país ten raíces profundas. Xa nos anos vinte e trinta do século pasado, o galeguismo político entendeu o potencial do fútbol de masas como un vehículo de autoestima e afirmación nacional fronte as touradas importadas polas elites funcionariais e os intereses centralistas. Na fundación do Celta (1923) da fusión entre o Vigo Sporting e o Fortuna e na fundación do Eiriña pontevedrés (1922), galeguistas como Manuel de Castro-Handicap– (selecionador de Galicia hai cen anos) ou Castelao xa percibían que nos campos de xogo tamén se xogaba a narrativa de quen éramos.
Hoxe, esa ecuación mantense viva. Celta e Depor (como nunca haberían esquecer os seus dirixentes) non son meras sociedades anónimas deportivas; son institucións vertebradoras da galeguidade, como o FC Barcelona e o Girona FC o son da catalanidade, ou o Athletic Club e a Real Sociedad da euskaldunidade. Son símbolos colectivos de pertenza. En contraposición, clubs como o Real Madrid, o Atlético de Madrid ou o RCD Espanyol encarnan historicamente a hexemonía do proxecto centralista e uninacional español.
Esta realidade choca frontalmente cunha estrutura institucional que nega a pluralidade. A FIFA e a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) manteñen arbitrariamente unha política de veto sistemático para impedir que as seleccións de Galicia, Euskadi ou Catalunya compitan de xeito oficial nas torneos internacionais. Trátase duna decisión estrictamente política: a instrumentalización do fútbol por parte do Estado para negar a existencia das nacións sen Estado e reafirmar unha homoxeneidade artificial. España orienta o éxito deportivo como unha ferramenta de nacionalización española, procurando diluír calquera expresión de soberania deportiva galega, catalá ou vasca. Mentres Escocia, Gales, Ulster ou as Illas Feröe teñen recoñecida a súa participación oficial.
Porén, o soberanismo galego do século XXI ha xestionar esta realidade com grande intelixencia política e madurez democrática. A reivindicación da oficialidade da Selección Galega de Fútbol non se pode construír dende o enfrontamento estéril nin dende a exclusión. Galicia é un país plural e complexo, onde conviven identidades cruzadas. Para moitísimos galegos e galegas, o sentimento de pertenza a este país é perfectamente compatíbel coa adhesión emocional aos éxitos da selección española. Reivindicar o dereito a competir coas nosas propias cores non pode descualificar nin xulgar a quen celebra os triunfos de España, como tampouco a quen prefire, de xeito lexítimo, non se identificar coa combinada estatal. Nesta andaina da Copa do Mundo de 2026 Euskadi e Catalunya están a vivir esta ambivalencia mesmo dun xeito agravado, por se alicerzar a actual selección española nunha maioria de xogadores cataláns e vascos, quer de nacemento, quer de adopción.
Por outra banda, a historia europea amósanos que os mapas deportivos non son inmutábeis. A experiencia da antiga URSS, Checoslovaquia ou Iugoslavia demostrou como atletas bálticos, ucraínos, croatas, eslovenos ou eslovacos competiron durante décadas baixo bandeiras federais até que a historia e a vontade popular abriron paso ao recoñecemento das súas propias seleccións nacionais. As seareiras croatas transitaron de celebrar o suceso do deporte iugoslavo a defender ferreñamente a propia selección nacional, como pasou no deporte eslovaco ou no basket lituano ou letón.
Galicia ten dereito a estar no mundo tamén a través da participación oficial no deporte. Sen maniqueísmos, con pragmatismo e sen complexos, o galeguismo político ha defender, sempre e en calquera circunstancia, a oficialidade da Irmandiña como unha expresión natural da nosa dignidade nacional. Mais nas actuais circunstancias hai que seguir a sumar sen restar, para que moitas persoas que celebraron com todo o dereito o trunfo da selección estatal neste Mundial 2026 poidan, comprender primeiro e acompañar despois, a reivindicación nacional galega dunha selección de noso.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



