Burela, 31 de agosto, 2026. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, e a alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación, Carmela López, participaron na presentación oficial do festival Osa do Mar 2026, que se celebrará do 3 ao 6 de setembro e reunirá unha vintena de artistas e bandas galegas e estatais. O acto tivo lugar na nave de Produart, acompañado polos representantes da Asociación Fanto Fantini, Diego Campo e Marcos Gueimunde, entidade organizadora do evento.
Recoñecemento ao festival e ao tecido asociativo
Carmela López subliñou que o Osa do Mar “é xa unha cita consolidada no noso calendario” e agradeceu á Asociación Cultural Fanto Fantini “o esforzo e a dedicación que cada ano fan posible un evento coma este, que contribúe a dinamizar Burela, atraer visitantes e impulsar a música en directo”.
Pola súa banda, Iria Castro reafirmou o compromiso da Vicepresidencia da Deputación cos festivais que nacen do tecido asociativo, destacando que “ofrecen escenarios para bandas galegas e emerxentes, claves na puxanza e recoñecemento actual da música do país”.
Apoio institucional e aposta pola cultura galega
Villares salientou o patrocinio da Xunta de Galicia a través dos Concertos do Xacobeo, e definiu o Osa do Mar como “un festival próximo ao público, cunha forte presenza de artistas galegos e un claro impacto na dinamización cultural e económica de Burela”. Enmarcou este apoio na estratexia autonómica de “descentralizar a cultura e amplificar os espazos de exhibición do talento que hai en Galicia”.
Un cartel con vinte propostas musicais
A organización debullou o programa por días, que inclúe artistas e bandas como Fillas de Cassandra, The Rapants, Anxo Ferreira, Depedro, Erik Mackenzie, Grande Osso, Arume, Éxtasis, Kornukopia vs Pandeireteiros do Inferno, Ginebras, West SRK, Xosé Maseda, Juventude, La Milagrosa, Gara Durán, Sobrezero, Rata, Ortiga, Portosanto e Señora DJ.
Un festival xa consolidado na Mariña
Tanto a Xunta como a Deputación coincidiron en salientar que o Osa do Mar é hoxe unha cita consolidada no calendario musical galego, unha oportunidade para reforzar a cultura contemporánea, apoiar o talento local e dinamizar a vida social e económica de Burela durante catro días de programación.





















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



