Alfoz de Castrodouro, 12 de agosto de 2026. Carballido prepárase un ano máis para celebrar as súas queridas Festas de San Roque, tres días nos que a música, a tradición e o bo ambiente se converten nos grandes protagonistas do verán en Alfoz. Do 16 ao 18 de agosto, o adro encherase de vida con sesións vermú, actuacións de grandes orquestras, discomóbiles e a xa emblemática macrochurrascada, que reúne a veciños, visitantes e familias nun encontro único.
A programación está deseñada para que todos —novos e maiores— gocen dunha festa que medra cada ano e que xa se consolidou como unha referencia na comarca.
⭐ Domingo 16 de agosto – Arrinca a festa!
Sesión vermú con Grupo Montreal
As Festas de San Roque iniciaranse cunha sesión vermú do máis animada a cargo do Grupo Montreal, que fará bailar ao público desde o mediodía.
Verbena con Montreal + Discomóbil Eventec
Pola noite, na verbena, o público volverá gozar do Grupo Montreal. A festa prolongarase ata ben entrada a madrugada coa Discomóbil Eventec, que achegará ritmo e diversión sen descanso.
⭐ Luns 17 de agosto – Música para todos
Sesión vermú con Dúo Xilo e Carlos
O Dúo Xilo e Carlos ofrecerán unha sesión vermú chea de boa música e ambiente familiar, perfecta para compartir entre veciños e visitantes.
Verbena con Orquestra Origen – Nexus Tour 2026
Pola noite, o adro converterase nun auténtico espectáculo coa chegada da Orquestra Origen, que acompañará ao Dúo Xilo e Carlos na verbena coa súa impresionante xira Nexus Tour 2026.
⭐ Martes 18 de agosto – Día grande da churrascada
Macrochurrascada de Carballido
O martes celebrarase a tradicional e coñecida macrochurrascada de Carballido, un dos momentos máis agardados das festas e que reúne a toda a comunidade arredor da boa comida e o mellor ambiente.
Verbena con Orquestra Marbella + Conxuro Disco Móvil
A música da noite correrá a cargo dunha das grandes e históricas orquestras de Galicia, a Orquestra Marbella, que fará bailar a pequenos e maiores.
Para pechar as Festas de San Roque, a discomóbil de cabeceira, Conxuro Disco Móvil, prolongará a celebración ata case a mañá do día seguinte.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



