Xove, 27 de agosto, 2026. O Concello de Xove, a través da súa Área de Muller e Igualdade, abre o prazo de inscrición do servizo de madrugadores “Xovesperta” para o curso escolar 2026-2027. Este recurso municipal de conciliación foi creado o pasado curso a petición de varias familias, co obxectivo de dar resposta ás necesidades daqueles proxenitores cuxos horarios laborais comezan antes do inicio da xornada escolar.
O servizo “Xovesperta” permite que nenas e nenos de 3 a 12 anos, matriculados no CEIPP Pedro Caselles Rollán, poidan acceder ás dependencias escolares desde as 7:00 horas da mañá ata o comezo das clases, permanecendo ao cargo dunha persoa monitora titulada. Trátase dun servizo público orientado a fortalecer os recursos de apoio á conciliación, favorecendo unha organización social máis corresponsable e un cambio cultural nos usos do tempo, para que mulleres e homes poidan compaxinar en igualdade a vida privada e profesional.
Entre as novidades desta convocatoria destaca a ampliación do horario, que se adiantará media hora, pasando das 7:30 ás 7:00 horas. O servizo está previsto para un máximo de 40 prazas; no curso pasado utilizárono 16 menores, dando cobertura ás necesidades de 15 familias.
As tarifas mantéñense: 20 € ao mes para uso continuado. 5 € ao día para uso esporádico, segundo as necesidades puntuais de conciliación.
O programa está cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdad.
As familias do CEIPP Pedro Caselles Rollán que precisen este recurso durante o curso 26-27 poden inscribirse ata o 3 de setembro, a través da Sede Electrónica do Concello de Xove ou da Oficina de Información Xuvenil.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



