A institución provincial vén de iniciar esta semana os traballos de repavimentación nun tramo da LU-P-3807. O proxecto inclúe a limpeza de cunetas, a reparación de danos e a mellora do firme cun investimento de case 110.000€
Lugo, 27 de agosto de 2026. A Deputación de Lugo vén de iniciar esta mesma semana no concello de Ourol o acondicionamento dun treito da LU-P-3807, a vía que une a parroquia de Bravos coa de San Pantaleón pasando por Foxo.
O proxecto inclúe a reapertura de cunetas, a reparación de danos e repavimentación dun tramo de algo máis de 3 quilómetros, concretamente o que vai do punto quilométrico 6,510 ao 9,543.
CARFERLO S.L.U. é a empresa encargada de executar estes traballos para os que a institución provincial destina case 110.000€. Trátase dunha actuación moi relevante para este municipio, porque mellorará as condicións de seguridade e circulación nunha vía moi empregada polos veciños e veciñas de Ourol.
Estes traballos forman parte do compromiso da Deputación de Lugo coa mellora e conservación da rede viaria provincial. Só no que vai de ano a institución provincial leva executados no arranxo de vías máis de 7 millóns de euros do orzamento total, que ascende ata os 12 millóns de euros. A esta contía súmanse preto de 1,5 millóns para renovar o Parque Móbil e 2,4 millóns para o servizo de desbroces.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



