Falamos en escritos anteriores da saturación e degradación dos espazos naturais por un turismo sobre o que renunciamos a facer algunha planificación ou control. Tamén da problemática do ruido de actos que converten a nosa vila nunha sorte de “parque temático” no que o visitante non deixe de ver movemento: Todo sexa por atraer cada vez máis visitantes -lembremos a case enfermiza contabilización anual do seu número nas oficinas de turísmo- que consideramos a nosa principal fonte de riqueza.
Certamente, nun modelo global no que o sentido común é que crecer é bo sen facer máis preguntas, políticos, periodistas e opinadores en xeral estiman que o número de visitantes e outros indicadores económicos abondan para ver se imos mellor ou peor. Por exemplo nestes meses pasados lin que no ano 23 o PIB per cápita de Ribadeo acadou os 23000€. Pouco despois, nun artigo da Voz, que os fogares de Ribadeo son os que teñen máis “renda dispoñible” da Mariña. O pasado setembro que as cifras de visitantes do 2025 foron record histórico. Estes titulares van conformando un sentido común que vén a dicir que imos ben, sen que sintamos preciso afondar máis nin saber onde imos.
Ribadeo é hai séculos a capital comercial da comarca, unha actividade ligada históricamente ó seu porto. O nacemento do turismo nas últimas décadas veu complementar ese tecer sector da nosa economía cun desenvolvemento hostaleiro e inmobiliario de segundas vivendas, daquela maiormente para as propias familias que retornaban polo verán. O perfil do negocio dominante era tamén pequeno e familiar, as festas tradicionais e a música de gaita e banda.
Nestas últimas décadas esa visión de Ribadeo foi virando cara a algo moi diferente. A promoción turística deu en tranformar o modelo familiar de longa estancia e segunda vivenda noutro máis desarraigado de alugueres por días. Tamén o perfil do negocio familiar trocou cara a hipermercados, cadenas de roupa e franquicias hostaleiras con traballadores por conta allea. Decidir se esta mudanza foi progreso ou degradación precisaría definir antes o que queremos para a nosa vila: non podemos saber se avanzamos ou retrocedemos sen antes pensar onde imos. Se queremos ser unha unha vila máis familiar ou máis ben os novos Benidorm, Ibiza ou Magaluz do Cantábrico.
A cousa é que se esa decisión imos tomala con base en indicadores socioeconómicos será ben afondar un pouco neles. Os valores medios son interesantes, pero lembremos que a media di que se comín eu dous polos e ti ningún, comemos “de media” un polo cada un. Se miramos cun certo coidado e empatía os datos socioeconómicos entenderemos que o boom da vivenda turística ten provocado subas superiores ó 50% en poucos anos, e que iso é un auténtico cataclismo no mercado do aluguer para o 25% de familias mozas (a meirande parte inmigrante) con salarios baixos, pais e nais de crianzas con necesidades de apoio escolar, con menos de 12000€ de renda anual dispoñible.
No outro extremo, contamos cun 5% de propietarios de inmobles, empresarios e profesionais cualificados con ingresos medios duns 78000€ anuais. Son estes ingresos tan elevados os que sitúan a Ribadeo á cabeza da Mariña en renda familiar dispoñible. Mais ó tempo, está tamén na cabeza do índice Gini de desigualdade (28,9%), funcionando precisamente o mercado do aluguer como mecanismo de transferencia de riqueza da clase máis desfavorecida ó grupo de maiores ingresos.
En resumo, a aposta polo turismo está a levar a Ribadeo polo camiño do crecemento económico, mais trouxo tamén problemas que cómpre mitigar. Entre eles a degradación dos nosos espazos naturais e os efectos sobre o noso dereito ó descanso nocturno, máis tamén un importante risco de fractura social derivada do incremento da desigualdade. Cómpre reflexionar, escoitar á veciñanza e aplicarse no deseño de medidas que axuden a optimizar os beneficios do sector reducindo estes “efectos secundarios” nada desexables.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



