“Preséntome coa ambición de gobernar e cun proxecto propio para o concello”, dixo David Saavedra
Pastoriza, 2 de Setembro de 2026. A asemblea local do BNG da Pastoriza elixiu David Saavedra López, enxeñeiro de Telecomunicacións de 41 anos, como candidato á alcaldía do concello para as eleccións municipais de maio de 2027. A designación produciuse na asemblea celebrada o martes na Pastoriza, coa participación da militancia da organización local, que respaldou a proposta.
Saavedra López toma a remuda de Elva Carrera, que despois de encabezar cinco veces a candidatura nacionalista comunicou á asemblea a súa decisión de non repetir como cabeza de lista. Carrera foi tenente de alcaldesa durante catro mandatos, un dos períodos máis longos de presenza nacionalista nun goberno municipal da Terra Chá, e mantén hoxe a portavocía do grupo municipal do BNG, que conta con tres concelleiros.
“Deixo o proxecto en boas mans”
“Foron moitos anos de traballo e de moitas satisfaccións polo feito. Pasei cinco veces polas urnas encabezando esta candidatura e catro mandatos coa responsabilidade de xestionar. Considero que este é o momento axeitado para dar un paso ao lado e que outras persoas collan o relevo, cando a organización está forte. Deixo o proxecto en boas mans e vou seguir estando, agora desde outro lugar”, sinalou Carrera.
O novo cabeza de lista é enxeñeiro de Telecomunicacións e está vinculado á vida asociativa do concello. Saavedra agradeceu a confianza da militancia, así como o traballo desenvolvido pola súa antecesora e por todas as persoas que integraron as candidaturas nacionalistas ao longo destes anos.
“Asumo esta responsabilidade con ilusión e coa conciencia do que representa. O BNG da Pastoriza é hoxe unha organización forte grazas ao traballo de moita xente e, de maneira moi especial, ao de Elva Carrera, á que quero agradecer públicamente todos estes anos de compromiso”, declarou.


















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.


