O prazo de inscrición permanece aberto ata o vindeiro 8 de setembro
Viveiro, 3 de setembro de 2026. O Concello de Viveiro acolleu hoxe a presentación oficial da IV Xuntanza de Coches e Motos Clásicas Viveiro, un evento organizado polo Club Coches Clásicos Viveiro en colaboración co Concello que se celebrará o vindeiro sábado 12 de setembro. A cita xa conta a día de hoxe con máis de 60 vehículos inscritos confirmados, consolidándose como unha cita de referencia para os amantes do motor e do coleccionismo.
A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa recepción de participantes e formalización de inscricións no aparcamento dos Castelos, en Covas. Ás 12:00 horas iniciará a habitual ruta turística pola contorna, que incluirá unha parada para degustar uns pinchos e gozar da sesión vermú. A programación pecharase ás 15:00 horas cun xantar confraternidade.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou durante o acto a importancia de apoiar estas iniciativas: “A Xuntanza de Coches e Motos Clásicas xa é unha cita obrigada, unha data moi agardada que, cada ano, atrae a numerosos visitantes e apaixoados do motor de todo o territorio. Desde o Concello é un pracer colaborar con persoas que traballan para ofrecer alternativas de ocio de calidade en Viveiro”.
O prazo límite para inscribirse remata o martes 8 de setembro. Os prezos da inscrición son de 35 euros para os adultos, 20 euros para nenos e nenas de 6 a 12 anos, e gratuíto para os menores de 0 a 6 anos. Coa inscrición, cada participante recibirá un sombreiro de agasallo e diversas sorpresas.
Dado que as prazas para a comida son limitadas, as persoa interesadas deben formalizar a súa reserva chamando aos teléfonos de organización: 650 652 073 (David) ou 699 249 738 (Sandra).






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



