A posta en marcha do centro permitirá crear 15 empregos directos no municipio e garantir que os maiores poidan permanecer no seu entorno sen ter que desprazarse
Riotorto, 4 de setembro de 2026. O Concello de Riotorto presentou formalmente ante a Deputación Provincial de Lugo unha solicitude para asinar un convenio de cooperación interadministrativa para acadar financiamento para facer fronte aos gastos de adquisición do mobiliario e equipamento da residencia de maiores construída recentemente no municipio.
A memoria de actuacións remitida á institución provincial detalla un orzamento total de 366.626,24 euros (IVE incluído), que abrangue o equipamento integral do centro. Entre as partidas orzamentarias previstas atópanse a dotación de mobiliario xeral, equipamento para a cociña industrial, camas articuladas e de acondicionamento, cortinas e tecidos, equipamento para baños adaptados, electrodomésticos para lavandería, material xeriátrico-sanitario, colchóns, mobiliario exterior e menaxe.
Este centro residencial disporá de 37 prazas, distribuídas en 17 habitacións dobres e 3 individuais.
Desde o Concello de Riotorto destácase o importante impacto social e económico que terá este servizo para a localidade, xa que se prevé a creación de 15 empregos directos, ademais de axudar a fixar poboación e ofrecer unha resposta axeitada ás necesidades dos veciños de máis idade para que non teñan que abandonar o seu entorno habitual.
Desde o Concello de Riotorto espérase que a Deputación Provincial de Lugo teña en conta esta petición e colabore con este Concello xa que “todos os concellos, sobre todo os máis pequenos, precisamos da axuda doutras administracións e dado que a Deputación está a asinar convenios moi semellantes ao que nós solicitamos con outros concellos, non entenderíamos que non atendese a nosa petición”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



