Na actualidade 85 municipios forman parte da rede, que suman un total de 249 praias e portos sen fume, dos que 39 son praias fluviais
Begonte, 4 de setembro de 2026. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, celebrou hoxe a consolidación en Galicia da Rede de praias sen fume máis ampla de España, concentrando un de cada catro areais libres de tabaco.
O titular da carteira sanitaria, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, interveu na entrega de diplomas da Rede Galega de Praias sen Fume na categoría ouro, que tivo lugar na praia fluvial de Begonte.
Na súa intervención no acto, o conselleiro explicou que, para darlle máis forza e seguridade xurídica a este proxecto, o seu departamento xa iniciou, coa Federación Galega de Municipios e Provinciais (Fegamp), os traballos para elaborar unha normativa común que axude aos concellos a regular as sancións, seguindo o modelo que xa se aplica con éxito en cidades como Barcelona ou San Sebastián.
Reforza a loita contra o tabaquismo
Ademais de celebrar a consolidación da rede máis extensa de todo o Estado, o conselleiro referiu que o seu departamento aspira a dotar dunha normativa sancionadora que reforce aínda máis a loita contra o tabaquismo.
Nese propósito, o titular sanitario da Xunta incidiu en que Galicia conta desde hai uns meses coa Lei de protección da saúde dos menores e de prevención de condutas adictivas, norma pioneira, que situa á nosa comunidade á vangarda de Europa na protección da saúde dos menores, e que incide de xeito notable na prevención do tabaquismo.
Non só se trata de delimitar novos espazos libres de fume, senón de protexer aos nosos menores desa adicción, establecendo a prohibición da venda a menores de cigarros electrónicos ou vapeadores, -dixo Gómez Caamaño-.
Preto de 250 praias e portos sen fume
O máximo responsable da saúde da cidadanía galega lembrou que a iniciativa de Praias sen fume comezou hai dez anos e, desde entón, non parou de medrar ata consolidarse como un exemplo de política pública pioneira, recoñecida como Boa Práctica do Sistema Nacional de Saúde polo Ministerio de Sanidade e convertida nun referente para outras comunidades.
Os 19 concellos precursores que apostaron polo programa no ano 2016, son na actualidade 85 municipios, que suman un total de 249 aerais e portos sen fume, dos que 39 son praias fluviais como a de Begonte, na que se celebrou o acto de hoxe, que leva participando desde o ano 2018.
De todos os participantes, o conselleiro dixo que o seu departamento quere facer unha distinción moi especial e recoñecer a 49 concellos na categoría de ouro, posto que teñen declarado como espazo libre de fume o 100 % dos seus areais, 18 na provincia da Coruña, 10 na de Lugo, 8 na de Ourense e 13 na de Pontevedra.
O conselleiro remarcou os obxectivos fundamentais do programa, que son protexer a saúde das persoas non fumadoras, coidar o noso patrimonio e medio natural e, sobre todo, desnormalizar o consumo de tabaco e outros produtos como os vapeadores.
Para rematar a súa intervención, Gómez Caamaño agradeceu o seu traballo a todos os concellos, aos seus alcaldes, concelleiros e equipos que forman parte desta iniciativa, así como á Dirección Xeral de Saúde Pública, cuxa dedicación á prevención e promoción da saúde fai posible que Galicia sexa pioneira noutras redes sen tabaco, como a de portos e parques sen fume.
Listado de concellos na categoría ouro
Na provincia da Coruña: Cedeira, Cabanas, Corcubión, Fene, Laxe, Mañón, Noia, Oleiros, Ponteceso, Pontedeume, Rianxo, Valdoviño, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Dumbría, Malpica de Bergantiños e Muros.
Na provincia de Lugo: Barreiros, Cervo, Begonte, Castro de Rei, Chantada, Cospeito, Mondoñedo, Outeiro de Rei, O Saviñao e O Vicedo.
Na provincia de Ourense: Bande, Avión, Castro Caldelas, Vilariño de Conso, Beariz, Laza, A Veiga e Castrelo de Miño.
Na provincia de Pontevedra: Cerdedo-Cotobade, Lalín, A Guarda, Baiona, Ponteareas, Pontecaldelas, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilaboa, Mondariz, Catoira e A Lama.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



