Burela, 4 de setembro, 2026. Cepesca, Europeche e OPP Burela organizan o vindeiro mércores 9 de setembro un evento na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo para presentar os resultados do proxecto técnico ISPAMER 2023-25, dirixido polo IEO-CSIC para analizar a interacción cos hábitats mariños do palangre coñecido como “pedra-bóla”, que se utiliza na pesca da pescada do pincho.
O encontro, ao que tamén asistirán a secretaria xeral de Pesca do MAPA, Isabel Artime, e a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, reunirá a representantes do sector pesqueiro, da comunidade científica e as institucións europeas para achegar as evidencias científicas do proxecto ao debate europeo e analizar a posible convivencia dunha actividade pesqueira sostible e a conservación do medio mariño.
A Comisión Europea aprobou en 2022 o Regulamento que ditou as 87 vedas nos principais caladoiros históricos do palangre sen existir datos diferenciados do posible impacto por artes de pesca. Por este motivo, OPP Burela encargou ao IEO o proxecto Ispamer cun dobre obxectivo: caracterizar e definir tecnicamente como funciona o palangre “pedra-bóla” e analizar o seu posible impacto sobre os fondos mariños.
Os datos foron recollidos durante 3 anos en 55 mareas a bordo e 770 días de pesca, a maioría en zonas abertas á pesca, pero sobre as que hai xa unha proposta de futuro peche desde a DG Mare. Un dato revelador do proxecto é que o 90,9% das capturas son de pescada, especie demersal obxectivo da pesquería, cun volume mínimo de descartes, de só un 0,7%, que na súa maioría son exemplares que chegan aos barcos depredados por outras especies.
O IEO demostra que se trata dun palangre semipeláxico, mal considerado como de fondo e considera que “a ciencia corrobora os argumentos do sector e propón a compatibilidade do palangre pedra-bóla e os fondos mariños”.
Pola súa banda, OPP Burela demostrará con datos que o impacto deste Regulamento sobre a flota palangreira da pescada está a ser moi grave, con impactos económicos, sociais e ambientais moi claros, non sendo viable a súa subsistencia nestas condicións actuais.
Como conclusión, o proxecto Ispamer demostra que, á vista do seu mínimo impacto nos fondos, si é posible a convivencia entre a actividade da flota e o medio mariño. Pero tamén se demostra que esta flota non ten ningún futuro se se mantén a aplicación actual do Regulamento 2022/1614 coas 87 vedas nos caladoiros históricos da flota palangreira, polo que, á vista duns resultados tan contundentes, Cepesca, Europeche e OPP Burela urxen unha modificación da norma comunitaria cunha exención ao palangre “pedra-bóla” dirixido á pescada.






















Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



