Lourenzá, 9 de setembro de 2029. Xa está presentado o cartel da XXXIV Festa da Faba de Lourenzá,” unha das citas máis destacadas do calendario festivo e gastronómico da localidade, que este ano conta cunha autoría especialmente ligada ao territorio: a do artista laurentino Francisco Piña Balboa, coñecido como Chis”.
O acto de presentación contou coa presenza do propio autor, acompañado pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, que puxeron en valor a elección dun creador local para dar imaxe a unha celebración tan representativa: “a elección de Chis Piña Balboa como autor do cartel supón un recoñecemento ao talento, á creatividade e á capacidade dos artistas da propia localidade, apostando por dar visibilidade ao traballo feito desde aquí. Ao mesmo tempo permite que a Festa da Faba estea este ano representada a través da mirada e da sensibilidade dun creador que coñece de primeira man o territorio, a súa xente e as súas tradicións. O cartel presenta unha composición de carácter tradicional, na que a faba e o mundo rural teñen un especial protagonismo, conectando a identidade da festa coa súa esencia gastronómica e cultural”.
Durante a presentación a alcaldesa, Rocío López, destacou a satisfacción de contar cun autor local para a imaxe desta edición e salientou “a importancia de poñer en valor o talento que temos na nosa terra e ofrecer espazos para que os nosos creadores poidan amosar o seu traballo”.
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, subliñou que a Festa da Faba “é tamén unha oportunidade para reivindicar a cultura e as capacidades creativas da propia comunidade, apostando por unha festa que, ademais de celebrar un produto e unha tradición, pon en valor as persoas que forman parte da identidade local”.
A XXXIV Festa da Faba celebrará así unha nova edición cunha imaxe propia, creada por un artista laurentino, “como mostra do compromiso coa promoción e o recoñecemento do talento local”.
Segundo explica o propio autor, “a idea para o cartel xurdiu a partir dun proxecto de futuro para realizar unha figura destinada ao Belén da igrexa, tomando como referencia a imaxe do Conde Santo que se pode ver na fachada do templo”.
Para poder traballar sobre esa figura, a súa filla realizou unhas fotografías aéreas coa axuda dun dron, que lle permitiron dispoñer dunha visión máis detallada da escultura. A partir destas imaxes, Chis Piña Balboa realizou unha ilustración a plumilla e, posteriormente, traballou dixitalmente sobre ela para conseguir o resultado final. Foi durante ese proceso cando xurdiu a idea de incorporar plantas e ramas de fabas á composición, creando así unha imaxe que permitise relacionar directamente a representación do Conde Santo coa Festa da Faba. “A imaxe do Conde Santo que aparece na fachada non é demasiado coñecida e pareceume unha boa oportunidade para recuperala e incorporala ao cartel, facendo que a representación da Festa da Faba fose máis completa”, explica o autor.
O Concello de Lourenzá destaca que “o cartel consegue unir patrimonio, tradición e produto local nunha mesma imaxe: por unha banda, recupera e dá visibilidade a un elemento do patrimonio da igrexa e, pola outra, incorpora a faba como símbolo central da festa. Unha proposta que nace, polo tanto, dunha iniciativa creativa persoal e que acaba converténdose na imaxe dunha das celebracións máis representativas da localidade. Esta historia, ademais, reforza especialmente a idea de apostar por un autor local, xa que o cartel non só está creado por un laurentino senón que nace da súa propia relación co patrimonio, coa cultura e coas tradicións da localidade”.
A alcaldesa agradece ao Francisco Piña Balboa que aceptara a invitación do Concello para crear o cartel da XXXIV Festa da Faba.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



