Estará unha vez ao mes para tal fin, con arredor de 30 citas por xornada
Burela, 24 de setembro de 2026. O Concello de Burela estreou onte, mércores 23 de setembro, un novo servizo da unidade móbil da Policía Nacional para as xestións relacionadas coa expedición de DNI e pasaporte.
A unidade móbil estará en Burela unha vez ao mes, con arredor de 30 citas por xornada. As persoas interesadas poderán anotarse presencialmente na Casa do Concello, no número de teléfono 982 58 60 00 ou no correo electrónico dni@burela.org
Dende o Concello lembran á veciñanza que para anotarse anotarte será necesario indicar nome e apelidos, número de DNI e teléfono de contacto e que se pode renovar o DNI ata 6 meses antes da súa data de caducidade.
Desde o Concello contactarán posteriormente coas persoas inscritas para confirmar o día e a hora da cita. O obxectivo desta iniciativa é aumentar e achegar os servizos dos que dispón a cidadanía de Burela.
A alcaldesa de Burela, Carmela López sinala que “a través deste novo servizo pretendemos que sexa cada vez máis doado para a nosa veciñanza realizar trámites tan necesarios como a expedición dun DNI ou pasaporte, facilitando un pouco máis a vida dos burelaos e burelás”.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



