A Deputación xestiona nove residencias públicas na provincia mentres a Xunta, con competencias e máis orzamento, ten oito e só catro delas son de xestión directa
Lugo, 24 de setembro de 2026. O grupo provincial do PSOE na Deputación levará ao pleno da próxima semana unha iniciativa para instar á Xunta a que aumente os recursos para a atención ás persoas maiores na provincia de Lugo, de acordo co marco competencial das administracións públicas.
O goberno provincial destina ao ano máis de 2,5 millóns de euros ao mantemento das nove residencias de maiores que ten en funcionamento neste momento, con preto de 300 prazas e unha ocupación do 100%.
“Quen ten as competencia e os cartos mira para outro lado e quen non ten nin unha cousa nin a outra sostén o servizo”, remarcan os socialistas.
O grupo de goberno lembra que a Xunta ten un orzamento de 14.240 millóns de euros en 2026, dos que destina 1.391 millóns a área de Política Social. Mentres, a Deputación de Lugo dispón para este exercicio de 135 millóns de euros para todas as súas competencias, entre elas a amplísima rede de estradas, de máis de 4.000 quilómetros.
Dende o 2019, a Deputación leva mobilizados 47 millóns de euros nos centros de atención a maiores, cifra á que hai que sumar o diñeiro que lle aporta aos concellos para sufragaren o Servizo de Axuda a Domicilio (SAF) e o investimento no servizo de teleasistencia.
A Deputación apostou hai anos por unha rede provincial de residencias, que ademais permite que os maiores se manteñan nas súas zonas, ante a insuficiente resposta da Xunta.
Cun orzamento moito menor e sen ter a obriga, a Deputación mantén neste momento nove residencias cuxa construción, xestión e dirección son totalmente públicas e ten en obras ou en proxecto outras oito. Recentemente desbloqueou as obras dos centros de A Pontenova e Guitiriz, que se retomarán en breves, e está equipando a de Becerreá.
A Xunta ten neste momento na provincia de Lugo só oito residencias (unha menos que a Deputación) e desas tan só catro son públicas. As demais son de xestión privada con prazas concertadas.
Ante esta situación, os socialistas pídenlle á Xunta que “poña fin ao abandono no que ten a atención a maiores na provincia de Lugo, a máis avellentada e con menos prazas residenciais de Galicia”. O 33,7% da poboación lucense supera os 60 anos, seis puntos por riba da media galega.
“Son necesarias máis prazas e que sexan públicas”
Outro dos puntos da moción que defenderá o principal grupo de goberno na Deputación no pleno do vindeiro martes é a solicitude á Xunta para que revise o programa de residencias que anunciou recentemente, con só catro para a provincia de Lugo (dúas delas satélites) e ningunha na capital lucense. “E o que é peor, a propia Xunta recoñece que o 40% desas novas prazas serán totalmente privadas”, remarcan os socialistas.
“É necesario un modelo de residencias de titularidade e de xestión cen por cen públicas, desbotando a privatización de prazas e a colaboración público-privada como vía preferente”, insisten.
O grupo provincial tamén pide á Xunta que publique os criterios técnicos baixo os que seleccionou os concellos nos que prevé construír as novas residencias e que concrete o orzamento e a data de execución que contempla para cada unha delas.


















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



