Cervo, 19 de outubro, 2026. A Casa da Cultura acolleu este mediodía a inauguración da exposición de pintura Arte neofuturista, do artista Xosé López Losada, coñecido como Xolo, nun acto cargado de emoción no que a cor e a creatividade se converteron nas grandes protagonistas.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, estiveron presentes nesta inauguración, acompañando o artista, respaldado por varios dos seus compañeiros e compañeiras da asociación Saúde Mental A Mariña.
Un dos momentos máis especiais da xornada chegou cando o artista agasallou a alcaldesa con dúas das súas obras, nun xesto cheo de afecto que engadiu aínda máis emoción a esta inauguración.
A alcaldesa agradeceu a Xolo que quixese compartir con todos nós o seu talento e a súa obra, destacando a ilusión que supón acoller unha exposición que enche de cor a Casa da Cultura. “É un orgullo poder gozar da túa arte e da túa maneira tan especial de transmitir emocións a través da pintura. Grazas por compartir con nós o teu talento e por regalarnos unha mostra chea de vida, alegría e sensibilidade”, sinalou Dolores García Caramés, convidando ás persoas visitantes a mergullarse no universo creativo de Xolo e a descubrir a súa maneira particular de entender e transmitir emocións a través da pintura.
A rexedora destacou o valor desta exposición “é unha alegría ver como a arte se converte nun espazo para compartir emocións, expresar sentimentos e encher de cor e ilusión a nosa Casa da Cultura. Desde o Concello queremos seguir apoiando iniciativas coma esta, que nos permiten gozar da creatividade e, ao mesmo tempo, dar visibilidade ao importante labor que desenvolve Saúde Mental A Mariña”, sinalou Dolores García Caramés.
Desde o Concello de Cervo animamos a toda a veciñanza e ás persoas que nos visiten a achegarse á Casa da Cultura para descubrir Arte neofuturista, gozar da forza das súas cores e deixar voar a imaxinación a través da obra de Xolo.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



