Ribadeo, 19 de outubro de 2026. Acisa fai un balance moi positivo da XII Gala Anual celebrada onte no Parador de Turismo e á que asistiron máis de 120 persoas.
O evento serviu para conmemorar o Premio Nacional de Comercio Interior que a asociación recibiu hai uns meses e os 37 anos de vida de Acisa. No acto foron entregados os galardóns 2026 ao relevo xeracional a Valentina Fernández e Marta Rico del Río, de Valentina e Del Río, avoa e neta por garantir a continuidade deste histórico comercio ribadense; como negocios emblemáticos recibiron o seu galardón Chocolates Moreno e Ribanzo, que recolleron María José Ríos e tamén Manuel Fernández e Tito Díaz; o galardón a toda unha carreira foi para Lorenzo Ruiz Misioné y María Soto Fernández, propietarios de Carnicería Soto Misioné, da praza de abastos, que acaban de xubilarse; e o premio ao espírito emprendedor recibiuno Fini Suárez, propietaria de Galán.
Na Gala de Acisa foron homenaxeados todos os presidentes da asociación. Foron nomeados socios honoríficos e ribadenses do ano: Andrés Tojal e Pablo Vizoso, ambos a título póstumo, o recoñecemento foi recollido por Sara Crecente Tojal, sobriña de Andrés Tojal e Diego Vizoso Castro, fillo de Pablo Vizoso; Gervasio Cao, Francisco Iriarte, Roberto Rivas, Roberto Ramos, David Martínez e Carmen Cruzado tamén recolleron o seu agasallo de mans do padriño da Gala, o xornalista e escritor José Ribagorda, e do xerente da asociación ribadense, Jesús Pérez.
Interviñeron na quenda de discursos a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o deputado responsable da Área de Medio Rural e Mar, Dani García; o director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén; a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López; e o alcalde ribadense, Dani Vega. Tamén asistiron a esta cita o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares; a concelleira de Comercio, Marta Saiz; e representantes das Asociacións de Comerciantes de Foz e de Burela, entre outros.
Desde Acisa Ribadeo a súa presidenta, Carmen Cruzado, dixo que “foi unha velada moi emotiva para os galardoados de 2026 e tamén para todos os presidentes da asociación homenaxeados a pasada noite. Queremos agradecer a asistencia de todos eles a este evento que serviu para compartir experiencias e cambiar impresións. Grazas a todas as administracións polo seu apoio constante e a todas as empresas patrocinadoras e colaboradoras coa Gala de Acisa Ribadeo. Para nos é moi importante contar con todas elas”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, agradeceu “a presenza do escritor e xornalista José Ribagorda, que foi o padriño desta XII Gala Anual de Acisa. E tamén ao xornalista Baruk Domínguez, que foi o encargado de conducir a velada na que conmemoramos o Premio Nacional de Comercio Interior, que recibimos a principios deste 2026 en Toledo, así como o 37 aniversario de Acisa Ribadeo. A de onte foi unha noite especial e o balance que facemos é moi positivo”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



